Ravella adianta unha hora os concertos de San Roque para adaptalos ás normas Covid

Ravella adianta unha hora os concertos de San Roque para adaptalos ás normas Covid
Los vilagarcianos se comportaron tanto en la noche previa como en la jornada propia de San Roque, el último fin de semana con el ocio nocturno abierto | gonzalo salgado

Os concertos que restan dentro do programa de festas de San Roque celebraranse todos ás 22:00 horas e non ás 23:00, como estaba previsto inicialmente. O Concello tomou esta decisión para adaptar as actividades ás novas normas anti-covid e que afectan especialmente ao ocio nocturno.

O cambio xa se introduce hoxe no concerto da Banda da Loba e, dende mañá, tamén afecta ao concerto de lírica de Loli Crespo e Luis Santana; o mércores 19, ao de Marvan; o xoves 20, a Brisa Fenoy; o venres 21, a Guadi Galego; e o sábado, a Nacho Pérez Cuarteto. Como se sabe, para asistir a estas actividades é necesario reservar antes a entrada, gratuíta, na web www.woutick.es. A intención é limitar o aforo e cumprir estritamente coas medidas de seguridade sanitaria.

Con todo, as modificacións no programa poderían non ser só estas. Se o mal tempo continúa, ao cambio de horario –unha hora menos da prevista- ademais os concertos se trasladarían ao auditorio. Se chove, igualmente as actividades do Festaclown pasarían da praza da II República á praza da Peixería, e os concertos Son da Casa, emprazados inicialmente na Alameda, ao Salón García.

O Concello agradece o comportamento da cidadanía e dos visitantes no cumprimento das normas e a comprensión polos cambios que o tempo e a crise sanitaria están a causar.

Ravella adianta unha hora os concertos de San Roque para adaptalos ás normas Covid

Te puede interesar