Valga entrega os premios aos catro rapaces gañadores do concurso de Beléns deste ano

Valga entrega os premios aos catro rapaces gañadores do concurso de Beléns deste ano
Galardonados co primeiro premio do certame | cedida concello

Os concelleiros de Cultura e Turismo de Valga, Pedro Calvo e Malena Isorna, entregaron os premios do XIX Concurso de Beléns ao grupo de amigos que se fixeron co primeiro posto nesta edición. Foron Julián Cerneira, Andrea Torres, Alfonso Álvarez e Álex Cortés os gañadores ao presentar un nacemento duns  oito metros cadrados de superficie e 302 figuras (124 persoas, 103 animais, 46 construcións e 29 árbores). As construcións foron feitas artesanalmente polos propios mozos que, ademais, dotaron aos beléns de mecanismos e automatismos. O premio que recibiron foi o dun vale de 100 euros para canxear no comercio local, unha rosca e un diploma acreditativo.

O segundo posto no certame foi para os irmáns Fran e Juan Otero Lobato cunha montaxe de 12 metros cadrados e arredor de 200 figuras. Varias escenas do nacemento estaban dotadas de movemento e luz e as construcións, feitas con corcho, ladrillo, cartón e outros materiais. Recibiron como gratificación un vale de compra de 75 euros, ademais da rosca e do diploma.

Por último o terceiro premio  foi para as mozas Clara Troncoso e Saray e Jessica Vilas, cun nacemento dunhas 60 pezas dispostas nunha superficie de 200 metros cadrados, figuras de barro e construcións de corcho. también recibiron unha rosca e un diploma, ademais dun vale de 50 euros. O xurado valorou a orixinalidade, o número de pezas e o tamaño entre outros aspectos.

Valga entrega os premios aos catro rapaces gañadores do concurso de Beléns deste ano

Te puede interesar