Ravella adianta unha hora os concertos para adaptalos á normativa fronte á Covid

Os concellos que restan dentro do programa de festas de San Roque celebraranse todos ás 22:00 horas e non ás 23:00, como estaba previsto inicialmente. O Concello tomou esta decisión para adaptar as actividades ás novas normas anti-covid e que afectan especialmente ao ocio nocturno.

O cambio xa se introduce hoxe no concerto da Banda da Loba e, dende mañá, tamén afecta ao concerto de lírica de Loli Crespo e Luis Santana; o mércores 19, ao de Marvan; o xoves 20, a Brisa Fenoy; o venres 21, a Guadi Galego; e o sábado, a Nacho Pérez Cuarteto. Como se sabe, para asistir a estas actividades é necesario reservar antes a entrada, gratuíta, na web www.woutick.es. A intención é limitar o aforo e cumprir estritamente coas medidas de seguridade sanitaria.

Con todo, as modificacións no programa poderían non ser só estas. Se o mal tempo continúa, ao cambio de horario –unha hora menos da prevista- ademais os concertos se trasladarían ao auditorio. Se chove, igualmente as actividades do Festaclown pasarían da praza da II República á praza da Peixería, e os concertos Son da Casa, emprazados inicialmente na Alameda, ao Salón García.

O Concello agradece o comportamento da cidadanía e dos visitantes no cumprimento das normas e a comprensión polos cambios que o tempo e a crise sanitaria están a causar.

Ravella adianta unha hora os concertos para adaptalos á normativa fronte á Covid

Te puede interesar