Marea da Vila insta ao concello a que tome medidas urxentes para a protección e posta en valor dos Petróglifos da Bacía

Marea da Vila insta ao concello a que tome medidas urxentes para a protección e posta en valor dos Petróglifos da Bacía
María de la O Fernández, portavoz de la formación Marea da Vila | g. salgado

A formación Marea da Vila pídelle ao Concello de Vilagarcía que acometa a limpeza e a posta en valor dos petróglifos da Bacía, do río Salgueiro.

Cabe recordar que este conxunto arqueolóxico dos Petróglifos da Bacía do Río Salgueiro no Monte Xiabre foi descuberto a raíz dos lumes do 2006, lumes que danaron parte do xacemento. Posteriormente, realizouse un traballo de datación, prospección, documentación e rexistro de ditos petróglifos, pero actualmente están nunha situación de absoluto abandono e ocultos baixo unha capa de vexetación, o que os volve a poñer en risco en caso de novos lumes pola zona.

Dende Marea da Vila lembran que levan dende o ano 2006 pedíndolle ao Concello de Vilagarcía que realizase un desbroce da zona baixo supervisión arqueolóxica e co balizamento das rochas, para que non sufrisen danos durante o mesmo, así como a dinamización do espacio mediante sinais e paneles informativos.“Entendemos que este pode ser un bo momento para poñer en valor o enorme potencial que representa o Monte Xiabre, a súa arte rupestre, así como o conxunto dos xacementos da cortorna, como mámoas e o propio Castro da Xaiba. Esta pode ser unha oportunidade para traballar en prol dun modelo turístico sostible e desestacionalizado baseado en conservar e realzar o que é noso e que forma parte da nosa identidade como pobo”, comenta a concelleira de Marea da Vila María de la O Fernández González.

Marea da Vila insta ao concello a que tome medidas urxentes para a protección e posta en valor dos Petróglifos da Bacía

Te puede interesar