Carril festexa San Fidel e o Apóstolo con grupos folclóricos e un concerto lírico

Carril festexa San Fidel e o Apóstolo con grupos folclóricos e un concerto lírico

Pese á cancelación os programas de festas e actos habituais por motivo do coronavirus, as celebracións non pasarán sen pena nin gloria xa que, na medida do posible e sempre gardando as normas de protección, haberá algún tipo de acto que lembre a data. Iso é o que acontecerá esta fin de semana en Carril con motivo das celebracións do Apóstolo de San Fidel. Seguindo o lema da campaña "Son da Casa!", a Concellería de Cultura volve a contar con talento local para amenizar estes eventos.

Carril contará con actos musicais e folclóricos para celebrar o dia do Apóstolo, este sábado. 25 de xullo. Financiados pola Concellería de Cultura, os carrilexos empezarán a notar o ambiente festivo cos pasarrúas que ofrecerán Os Terribles de Arousa a partir do mediodía, aos que se sumarán á unha da tarde os compoñentes do grupo folclórico Malveiras. Tamén haberá misa cantada honra do patrón a cargo da Coral Alento Xoven.

O domingo 26 Carril celebra a festividade de San Fidel, xornada para a cal a Concellería de Cultura financia o concerto lírico que terá lugar na Praza da Liberdade a partir das 21.30 horas. Correrá a cargo da soprano Loli Crespo, que estará acompañada polo pianista Alejo Amoedo.

Carril festexa San Fidel e o Apóstolo con grupos folclóricos e un concerto lírico

Te puede interesar