Próximas eleccións autonómicas

Agora en Galicia hai bastantes partidos  que pugnan polo mercado electoral nas  autonómicas, e de verdade non se ve un proxecto crible en ningún para resolver os problemas que Galicia padece, nin de onde van sacar os recursos para resolvelos. Nada se sabe que pasou con aquel Proxecto de investigación Galicia 2010, financiado por Caixa Galicia, Caixanova e Banco Pastor, por sesudos profesionales. Ningún partido se  fixo eco das súas conclusións. Moitos dirixentes dos partidos  son universitarios, pero  pouco nos ilustran. Se os grupos progresistas non teñen proxectos claros, entendibles e realizables, volveremos a caer en máis frustacións, como nos teñen acostumados. Hai que  potenciar e  defender os nosos  recursos, non podemos seguir a velas vir para que  todo siga como ata agora, como está a facer o goberno do PP.
Os programas xa non son cribles e os políticos que os predican, tampouco,  case ninguén cumple. As administracións siguen lentas e moitas non  sirven para resolver os problemas da cidadanía. Non basta con ter aparencia. Fálase da desaparición das deputacions, cando se está na oposición,  pero calan como zorros cando as dirixen. Olvídanse doutros oraganismos que non sirven para nada, como o Valedor do Pobo,  Consello de Contas, que solo se dedican a contestar  as denuncias e facer un relato das irregularidades, e unha Memoria anual dando conta ó Parlamento do ocurrido durante o ano, pero non resolven nada, nin vexo que os grupos parlamentarios se  preocupen por tal disfunción, nin por mellorar,  dándolle poder coarcitivo para ser eficaces, como ocurre con Facenda, e outros departamentos da Xunta, por exemplo. Así vemos como moitos concellos non respetan a legalidade, no que respecta aos servizos mínimos, con gastos fraudulentos, deixando todo  os tribunais, que non dan feito por carecer de medios, que os políticos así viven mellor. Como quedou  probado os máis de 45.000 millóns de euros que había nos caixóns das administracións gastados irregularmente, sin partida nos presupostos, nin diñeiro para pagar as obrar dudosas.
Tampouco sabemos para qué serve o Consello Consultivo, con abogados na Xunta para facer os informes. Hai que a recortar por estos sitios para INVERTIR mellor os fondos públicos. Conseguir un mellor funcionamiento das institucións, control do gasto, evitando o despilfarro, é o deber dos  políticos, e preocuparse máis polo foro que polo ovo. Se non  facemos as cousas o dereito, tampoco saldremos do  secular atraso.
Non se trata da independencia, se trata de administrar con sentido da eficacia as competencias transferidas. A centralización, a globalización non pode empedir o noso desenrrolo. Non podemos deixar emigrar a xente capacitada o non  poder realizarse na sua Terra-Nai. 
Agora, pola miña parte, estaréi a espectativa do que pase nestas próximas eleccions autonómicas. Non hai desculpa, temos novos partidos contra os da casta. Veremos como se portan. Non vai ser outro engano máis.

Próximas eleccións autonómicas

Te puede interesar