“Os Encantiños”, 67 anos de idilio ao ritmo da música da gaita

“Os Encantiños”, 67 anos  de idilio ao ritmo da música da gaita
Eloy Puga, neto de Santalla, Carlos Rey, autor, e Christian Silva, gaiteiro, co libro dos Encantiños do Umia | mónica ferreirós

Foi no monte da Revolta -nunha pequena aldea da parroquia caldense de Godos- donde Francisco Santalla e Manuel Jamardo empezaron a tocar xuntos e a perfilar o seu gusto indiscutible polo folclore e pola música da gaita. Os dous, de forma indisoluble e cunha amizade que duraría toda unha vida, foron os fundadores dos Encantiños do Umia, un grupo referente para os gaiteiros das Rías Baixas e cuxa historia está plasmada nun libro que foi presentado onte na sede do Faiado da Memoria. A idea de contar a historia de Francisco Santalla y Manuel Jamardo partiu precisamente do neto do primeiro, Eloy Puga. Foi el o que, na época na que estudaba cinema e o seu avó aínda vivía, o que decidiu facer un traballo sobre el. Ese traballo é agora a base dun documental que espera que estea listo a finais de ano. “A elaboración do libro”, explica Eloy Puga, “xurdiu precisamente para que servise de complemento ao documental. Falei con Carlos Rey, que os coñecía e tocou con eles, e aquí está o resultado”. Carlos Rey é o autor que asina un libro que non só é un repaso pola vida dos Encantiños do Umia, senón que é toda unha radiografía da música tradicional galega, da historia da comarca durante todo o século pasado e da importancia que “os grileiros” tiñan para a vida social e cultural dos veciños. “Hai que ter en conta que cando comezaron a tocar xuntos no 46 non había verbenas como hoxe as entendemos e que os grileiros eran os que daban a música durante todo o día”, explica Rey.


Santalla e Jamardo foron, segundo as pesquisas realizadas por Carlos Rey, “probablemente a parella de gaiteiros que máis anos tocaron xuntos. Porque o resto do grupo, a percusión, foi cambiando, pero as dúas gaitas sempre foron as mesmas”.


Tanto Santalla como Jamardo tiñan a música como algo habitual na casa. O pai do primeiro, Andrés Santalla, tocaba o acordeón nas festas aparte de ser carpinteiro e o segundo tanto seu pai como seu avó eran gaiteiros. Francisco elaborou as súas primeiras frautas con “canas indias” e mercou en Rubiáns por “12 pesos” e Jamardo xa tiña algunha na casa. Aí iniciaron unha andaina que se extendería durante décadas converténdose nos máximos expoñentes de “tocar en aberto”. A súa parte musical, as pezas que deixaron, son analizadas no libro de Carlos Rey polo gaiteiro Christian Silva que fala dos Encantiños con esa emoción daquel que de pequeno xa soñaba con tocar a gaita. 

“Os Encantiños”, 67 anos de idilio ao ritmo da música da gaita

Te puede interesar