Escolares do colexio de Rubiáns elaboran trampas para combater a praga da vespa velutina

Escolares do colexio de Rubiáns elaboran trampas para combater a praga da vespa velutina
Os nenos de 5º colaboraron na iniciativa | cedida

O alumnado do colexio de Rubiáns púxose mans á obra para colaborar cos veciños e asociacións da parroquia na loita contra a vespa velutina. Así pois, e dentro do proxecto promovido polo centro baixo o nome de “Sabela loita contra o plástico” os escolares elaboraron trampas para dar caza a esta especie invasora procedente de Asia. 


Fixeron as trampas con botellas e entregáronllas á Comunidade de Montes de Rubiáns, que as repartirán entre os castiñeiros unha vez que as enchan dunha mestura de azucre, auga e levadura. Ademais tamén están a disposición dos veciños que as queiran para poñelas nas súas hortas ou xardíns. No centro educativo tamén se colocarán algunhas no patio. Deste xeito o colexio plurilingüe colabora co seu entorno. 

Escolares do colexio de Rubiáns elaboran trampas para combater a praga da vespa velutina

Te puede interesar