A Festa do Tinto reinvéntase para poder rexurdir en pandemia tras un ano de parón

A Festa do Tinto reinvéntase para poder rexurdir en pandemia tras un ano de parón
A celebración xirou arredor de dúas mostras e os cantos de taberna | m. ferreirós

Ribadumia xa molla o dedo na cunca, de novo. Foi un ano de parón debido ao peor da covid. Pero a Festa do Tinto reinvéntase neste 2021 para poder revivir, aínda en pandemia, adaptando o programa aos protocolos de seguridade sanitaria. Hai menos festa, pero haina.


Os actos comezaron onte con pasarrúas da Charanga Mil9, Os Carballeiras e a Banda Xuvenil da Agrupación Músico Cultural. Caída a tarde, a Carballeira de Barrantes acolleu a inauguración das exposicións, unha de humor gráfico e outra sobre imaxes históricas da vila. Tamén foi tempo da I Mostra de Cantos de Taberna. Paralelamente houbo actos litúrxicos, con misa cantada e procesión co coro O Noso Aire de Meis, Os Carballeiras e a Banda de Música.


Hoxe os actos centrais serán tamén na Carballeira de Barrantes, pero ao mediodía. Haberá máis pasarrúas e terá lugar a cata final dos viños a concurso. No obstante, o nome dos gañadores non se coñecerá hoxe, como é tradición. Ao non haber banquete, a revelación dos vencedores farase noutro acto mañá domingo, tamén á mesma hora, no mesmo espazo público.


Así e todo, o previsto desde este mediodía de sábado inclúe o espectáculo de humor de Manuel Liste e Pedro da Devesa. Tamén hoxe, pero ás 20 horas, terá lugar o concerto central, con De Vacas, un espectáculo con necesaria inscripción previa.


Finalmente, mañá domingo, ademais desa entrega de premios aos viños, haberá máis humor, con Pepo Suevos. Tamén volverán os actos relixiosos, con nova misa cantada e procesión co Coro da Confradía de Pescadores San Martiño do Grove, Os Carballeira e Volandeira.


Ás seis da tarde, a Carballeira de Barrantes acollerá a peza teatral cómica “Bon Appétit”, con Teatro Ghazafelhos, para un público familiar.

A Festa do Tinto reinvéntase para poder rexurdir en pandemia tras un ano de parón

Te puede interesar