Os motivos de asasinar

Dous irmáns xemelgos, separados ao nacer, que sexan criados en entornos distintos (culturais, sociais, económicos…) terán moita semexanza física, algúns instintos parellos pero unha conducta moi variable entre eles. Máis alá doutros factores, o contexto determina a nosa maneira de comportarnos e de reaccionar. A nosa maneira de actuar está determinada polo contexto no que vivimos e nos educamos, que nos vai formando nos valores, na percepción da desigualdade, a empatía, a comprensión das realidades sociais, a tendencia a afrontar problemas ou evitalos e tantas cousas.


Por iso, tras o espeluznante asesinato de Samuel, cando escoito decir que “os motivos non teñen relevancia” non deixo de ver, precisamente, as actitudes que avalan que poidan ocorrer estos casos. As ciencias do comportamento veñen amosando dende hai décadas que, baixo os condicionantes necesarios, a conducta humana pode chegar a extremos asombrosos e terribles. A desindividuación de quen actúa en grupo, a banalización das actitudes violentas, a xustificación do “natural” que é desprezar a outro pola súa raza, relixión, identidade cultural, condición sexual, xénero ou calquer outro motivo...todos son explicacións do mal ao que podemos chegar. Non é novo, pero semella que non aprendemos.


Necesitamos ser conscientes de que vivimos unha sociedade que frivoliza o caldo de cultivo para a violencia. Cando esiximos cortar de raíz as oportunidades que se lle ofrecen aos xustificadores de agresións estamos, tamén, alertando sobre os que din que gritarlle a alguén “maricón de merda” antes de apalealo ata matalo non é o relevante. Claro que o é. Iso é, precisamente, o relevante. Porque utilizar calquer elemento para crer que descalificas a alguén supón que podes quitarlle humanidade e rebaixar os seus dereitos. E, por tanto, que importa se leva un golpe? Non merece tanto coma nos porque, ao final, nos somos “normais”. Así probablemente pensaron os malnacidos que patearon a un rapaz de 24 anos ata arrincarlle todo, como pensarían os da manada cando violaron a unha muller nun portal.


O teléfono foi unha excusa, o verdadeiro móbil foi o desprezo. Porque se se chamase Leo Messi, pediríanlle autógrafos e contaríano durante anos. Pero chamábase Samuel, era un humilde traballador de A Coruña, e era gay. E os que digan que non importan os motivos están xustificando o seguinte crime. 

Os motivos de asasinar

Te puede interesar