Os veciños de Bandourrío demandan a Ruiz que acabe coa impunidade que está a ter o vandalismo

Os veciños esperan que na xunta local de seguridade se lle de solución ao problema | Chechu
|

Impunidade do vandalismo e os comportamentos incívicos dalgúns individuos. Esa es a maior preocupación que teñen os residentes no barrio de Bandourrío, que aseguran que nas últimas tres décadas, o que para algúns deles é media vida, levan sufrindo esas situacións sen que desde o Concello de Ribeira se lle poña remedio, o que fai que o problema esté enquistado. Por eso, onte desenvolveron unha quedada cun cento de participantes diante do consistorio ribeirense, e que foi a primeira protesta en grupo neste tempo e que anunciaron que repetirán e con máis gente “ se non se soluciona”. O tesoureiro da asociación veciñal, Javier González, indicou que non puede entender que haxa Policía Local y Nacional e non acudan ás súas chamadas “e cando o fan non baixan do coche”.


Os veciños din que están cansos de que cando chaman a esas forzas de seguridade lles respondan que están ocupados ou que non teñen patrullas, “como cando uns chavales te rompen a fiestra da cociña e non veñen, ao igual que se nos insultan, ameazan ou molestan. Ao non vir e actuar o que están provocando e unha confrontación de nos cos vándalos, que os houbo sempre, pero o problema é a impunidade, non lles fan nada”, insistiu González. Ao seu xuizo, trátase dun problema de organización e de vontade de querer solucionar os problemas, e se non é suficiente cunha patrulla, como a que hai as fins de semana, refórzase con máis efectivos. Neste sentido, demandan maior presencia policial, non só nas fines de semana e en festas, senón tamén a diario, e tamén maior coordinación entre os corpos de seguridade.

Os veciños de Bandourrío demandan a Ruiz que acabe coa impunidade que está a ter o vandalismo