Unha Comandancia de saúde

Vilagarcía terá novo centro de saúde, non foi sen tempo. E será na antiga Comandancia. Ese será o lugar porque sempre foi o lugar. Facer política consiste, entre outras cousas, en detectar pronto as necesidades, procurar as solucións e liderar os cambios necesarios para que sucedan. A pesares dos obstáculos no camiño.

Que os impulsos dende a política local conseguiran que a antiga Comandancia se convirta nun centro de saúde novo, moderno e adecuado ás necesidades de Vilagarcía será un éxito colectivo, e xa non toca sinalar que sexa a derrota de ninguén. Todos teñen, e tiveron, dereito a expresar lexítimas ideas iguales ou contrarias.

Dende aquel protocolo inicial asinado en 2008 (que o podía ter feito máis fácil e áxil, todo sexa dito) hai que dar parabéns a todas as persoas que o fixeron posible, que non foron poucas.

Sabemos xa que a ubicación será idónea: solar amplo, con boa comunicación (e dobre) ao hospital, conectado coas zonas peonís e con aparcamento público próximo, instalado en zona de servizos... Toca concretar as dotacións, para que non quede a medias un bo proxecto.

Que o entendemento das administracións continúe, como exemplo do bo facer, porque a iso nos debemos os que traballamos no servizo público. Tiña que ser, e foi. E hoxe, coma onte, a seguir facendo unha Vilagarcía para vivir mellor.

Unha Comandancia de saúde

Te puede interesar