José Flores | “Tomaremos medidas para que o médico deixe de ser a única porta de entrada ao centro de saúde”

José Flores | “Tomaremos medidas para que o médico deixe de ser a única porta de entrada ao centro de saúde”
Julio Flores Arias duranta a súa toma de posesión como xerente do Sergas

 Julio Flores Arias tomou posesión en setembro do cargo de xerente do Servizo Galego de Saúde. Licenciado en Medicina e Ciruxía, coñece ben as necesidades do Salnés, xa que traballou na área de Urxencias do Hospital Comarcal. Ademáis, desde 2018 era o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O primeiro é coñecer a súa visión sobre o avance da pandemia nestes momentos...
Agora mesmo estamos nunha situación mellor. Incluso sabendo que está a disminuir aínda estamos con ese pico que, por suposto, nos preocupa. É unha situación distinta á que se deu noutras ondas, pero na que non hai que relaxarse.

Nun momento no que parece que todo é coronavirus, ¿como se atopa a asistencia das outras enfermidades”
Para a recuperación do resto de actividades asistenciais aprobouse un plan de activación e vense aplicando desde todo mes de xullo. . Os datos das listas de espera non poden ser mellores, tendo en conta que temos a situación que temos e no mes no que estamos de verán.

¿Está a ter a vacina os resultados esperados?
Estamos a aprender que a vacinación cumpriu o seu papel. Enfermamos moitísimo menos e máis levemente. Nestes momentos, a incidencia é maior na xente máis xoven, o que se debe a varios factores. O primeiro é o fin dese estricto control que se exerceu nos centros educativos, que demostraron ser súper seguros polo esforzo que fixeron os profesionais da educación. Ademais, no periodo estival aumenta a sociabilidade, por lóxica. O terceiro factor é non ter vacinas suficientes, o que fixo que se incrementase esa curva e aparecese esa quinta onda. A vacinación dos máis mozos depende das vacinas que nos envíe o Goberno central. No rango de 20 a 29 anos atópase moi avanzada e, para a vindeira semanas, temos previsto seguir coa autocitación, que demostrou ser moi efectiva. Pero unha cousa que temos que lembrar, aínda que a vacina sexa clave para controlar a pandemia, non exime que temos que seguir co resto de medidas (mascarilla, distancia de seguridade e, por suposto, hixiene de mans) mentras non alcancemos o noventa por cento de vacinados. Non temos que pensar que, por estar vacinados, hai unha garantía absoluta.


O convenio da Comandancia recolle que o Concello fará un estudo a fondo e unha reordenación do tránsito. É unha zona atractiva pero con problemas de tráfico 



Cada verán repítense as protestas por falta de médicos e este ano a situación complícase aínda máis...
É evidente que xogamos coa realidade que temos. Quen negue que o número de médicos é o que é, desde hai xa anos... Ás dificultades de contratación de todos os veráns este ano súmase a pandemia, que na quinta onda, polas características de sintomatoloxía máis leve, tivo un maior impacto na Atención Primaria, que asume así o control e chamadas diarias. É unha situación complicada na que o sistema sanitario está respondendo con sobresaínte, polos seus profesionais. Dende a Xunta puxemos en marcha unha serie de medidas que xa se están a notar agora mesmo. É o caso dos puntos administrativos para pedir a chave 365 e acceder aos certificados de vacinación e pcrs e nos que tamén se están a facer test de antíxenos, tratando de aliviar a carga da atención primaria; ademais hai un teléfono para atender as dúbidas sobre o coronavirus. A parte destas medidas, desde principios de ano retomamos a actividade co Consello Técnico de Atención Primaria, no marco do cal decidiuse unha reforma da Atención Primaria que contempla as axendas de calidade, con 37 ou 42 ocos para que o profesional poida organizar a súa asistencia diaria. Ademais, os plans locais de saúde van a innovar esos novos roles nos que xa estamos a traballar, nos que se van desenrolar todas as competencias da enfermería e da farmacia para que o médico non sexa a única porta de entrada ao centro de saúde.

A boa nova sanitaria deste ano foi o acordo da Comandancia...
A mellora das infraestruturas foi outra das liñas de traballo desta consellería desde os inicios. En Vilagarcía levábamos tempo transmitindo a necesidade dun novo centro de saúde. Xa se fixera algún intento, pero o Concello ofreceu unha única opción. Os técnicos viron, nese momento, dous problemas insalvables: A ubicación nun edificio que non era apto, xa que nese momento non se abordou o derribo; e que o chan non estaba libre de cargas. Non queriamos facer un centro de saúde limitado. Chegamos a licitar a reforma do de San Roque, sabendo que é antigo e sen moitas posibilidades, con 300.000 euros para mellorar os accesos das ambulancias e o ascensor, para que entrasen as padiolas. Pero en marzo decidimos facer un último intento e falar co Concello, que fixo un esforzo para solventar as dificultades, demostrando que cando as administracions colaboran chéganse a acordos. O convenio tamén recolle que o Concello fará un estudo a fondo e unha reordenación do tránsito peonil e de vehículos, porque a zona na que está a Comandancia, aínda que é moi atractiva desde o punto de vista da centralidade, ten problemas de tráfico.

José Flores | “Tomaremos medidas para que o médico deixe de ser a única porta de entrada ao centro de saúde”

Te puede interesar