O teatro de primeiro nivel desembarca en Vilagarcía con catro actuacións ata novembro

O teatro de primeiro nivel desembarca en Vilagarcía con catro actuacións ata novembro
Unha actuación teatral anterior na cidade | mónica ferreirós

O teatro de primeiro nivel desembarca dende xa en Vilagarcía da man do convenio asinado entre a Concellería de Cultura e o Agadic. Así pois serán catro as actuacións que se poderán ver no Auditorio Municipal dende este mesmo mes e ata o vindeiro novembro. A primeira das funcións teatrais será o espectáculo de monicreques “Varietés do animalario”, que a compañía Paporrubio presentará este mesmo sábado 14 de agosto nos Xardíns de Ravella. O espectáculo é gratuito, ao aire libre e con entradas ata completar o aforo permitido.

Non é máis que a apertura de boca para o que está por vir nas vindeiras semanas. O que si é que as seguintes actuacións xa contarán co formato habitual da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Serán, así pois, no Auditorio Municipal e cunha entrada única de 5 euros, que se reducen a 3 para os colectivos de persoas maiores, desempregados ou posuidores do Carné Xove.

Así pois a compañía La Quintana poñerá en escena o 25 de setembro a obra “O Premio”. Trátase dunha co produción co Centro Dramático Galego e o espectáculo preséntase a modo de “reality show” no que o público ten moito que dicir e que será o que decida quen merece ser o gañador do “premio” que lle dá nome á obra.

A seguinte peza será o día 2 de outubro a cargo da compañía Elefante Elefante coa obra “Dreaming Juliete”. Trátase dunha reinvención da clásica obra de Shakespeare “Romeo y Julieta” e que aborda un dos temas sobre os que máis se reflexiona na historia da humanidade: o amor.

A última obra incluída neste convenio entre a Concellería de Cultura de Vilagarcía e Agadic é “A mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro. Trátase dunha representación distópica ambientada nun futuro 2.173 no que dous científicos realizan experimentos nun planeta devastado. As entradas poden adquirirse tanto por internet como na taquilla. l

O teatro de primeiro nivel desembarca en Vilagarcía con catro actuacións ata novembro

Te puede interesar