Non se pode ser bo político se non se sabe xestionar

A electricidade sempre foi o cabalo de batalla para desenrrolo dun país. Pero os gobernos sempre se deixaron levar polos oligopolios mentras os sufridos consumidores de este imprescindible produto estuvo en mans de especuladores sin control. As empresas para competir necesitan prezos moderados como teñen en conta noutros paises. Xa na ditadura as eléctricas facían o que querían. Así viamos como Fenosa anegou pobos enteiros e atropelou as fincas talando árbores para as súas liñas ocupando os terreos sen permiso dos donos. Eles facían os proxectos de impacto ambiental como querían e logo eran subvencionadas as liñas e infraestruturas con fondos públicos.

Pois ben, agora seguimos padecendo a mesma marxinacion sen que os 40 anos de democracia valeran para nada. Antes o Conde cando os veciños se opoñían como no embalse de Albarellos foron violentamente machados co apoio da ditadura e agora os gobernos da democracia non poden facer nada ante estes grandes oligopolios que fan sufrir a poboación. Eso si, a oposición esquece que cando gobernaron venderon Endesa e logo colocáronse nos consellos de administración con toda cara.

Outra barbaridade é que nas facturas veñan colgados uns impostos que nada teñen que ver coa electricidade consumida. Pasa como a Caixa das pensións que financia outros gastos do Estado que nada teñen que ver cos fondos aportados po los traballadores e empresas.

Ten que haber impostos para financiar os servizos públicos, pero estos deben de ser pagados polos conceptos que lle corresponda, non disfrazados.

Vai sendo hora despois de 40 anos de democracia ser máis finos nos conceptos lexislando e poñer cada imposto para pagar a quen beneficie.

En Galicia temos moita auga para producir enerxias limpas e potenciar a nosa industria para poder competir neste mercado tan desigual. Galicia medido en termos de potencia, xera seis de cada dez megavatios que exporta España. Todos estes recursos de produción de enerxía eléctrica están en mans de propietarios de fóra de Galicia. Mexan por nós outra vez.

Os nosos montes cheos de muíños, e ríos enchendo embalses que, para gañar máis, baleiraron, están enriquecendo a especuladores foraneos e sen embargo o rural cada vez máis empobrecido. Invaden o territorio en prexuízo do medio que acaba coa produción gandeira, forestal e agrícola e en zonas protexidas co visto bo dos gobernos galegos .

Cando eu era alcalde viñeron a visitarme uns holandeses para instalar eólicos nos montes boirenses e do Barbanza e negueime a dar permiso porque pensei, e propuxen á Mancumunidade de Arosa-Norte, facer estes parques eólicos para consumo propio dos concellos, e si sobraba facer nós o negocio como agora están facendo estes grupos boitre. Non me fixeron caso. Pero hoxe si se fixeran habería anos que estarían amortizados e a partir diso, electricidade gratis. Tamén propuxen pedir un ramal do tren para a comarca e a moitos doulle a risa. Quince anos máis tarde estos partidos e empresarios que se riron presentaron mocións nos plenos dos concellos solicitando o tren, pero xa era demasiado tarde. Temos que tomar máis en serio as cousas en política en vez de andar á contra e facer as cousas mellor. Os gobernos de Galicia viven da rutina sen imaxinación para defender e poñer en valor os nosos recursos.


Non se pode ser bo político se non se sabe xestionar

Te puede interesar