O centenar de galegos do exterior do programa “Reencontros co Xacobeo” finalizan a súa viaxe

O centenar de galegos do exterior do programa “Reencontros co Xacobeo” finalizan a súa viaxe
Los pereginos posan en la plaza do Obradoiro tras finalizar su recorrido

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do subdirector do departamento, Antonio Casas, recibiu onte en Santiago ao centenar de galegos do exterior que participaron ao longo desta semana no programa “Reencontros co Xacobeo”.


Todos os participantes, maiores de 65 anos e vinculados a centros galegos de España e Europa, entraron en Compostela a través de Porta do Camiño, atravesando a Praza de Cervantes e chegando, ao fin, até a Praza do Obradoiro.


Coñecer o patrimonio

“Reencontros co Xacobeo” permitiu, segundo explicouse nun comunicado, que estes galegos do exterior, ao longo de toda a semana, puidesen realizar pequenas etapas do Camiño e coñecer o seu patrimonio cultural e natural.


Así, “a Secretaría Xeral reiniciou os programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándonos nesta ocasión, no Ano Santo”, explicou Rodríguez Miranda.


“Para eles, segundo transmitíronnos, foi unha fermosa experiencia que lles permitiu unir aínda máis os seus lazos con Galicia. Agora convidarán as súas colectividades alá onde viven a gozar deste Xacobeo histórico”, destacou o secretario xeral. 

O centenar de galegos do exterior do programa “Reencontros co Xacobeo” finalizan a súa viaxe

Te puede interesar