La falta de lluvias provoca una caída en la diversidad de setas en O Salnés

La falta de lluvias provoca una caída en la diversidad de setas en O Salnés
Miembros de A Cantarela ayer en la inauguración de la exposición con la que arranca el Outono Micolóxico | mónica ferreirós

La falta de lluvias y las condiciones meteorológicas vividas en los últimos dos meses provocan que en los montes de O Salnés y de Ulla-Umia haya cierta dificultad para encontrar setas para aquellos que son amantes de la micología. Así lo explicó ayer el presidente de A Cantarela, Carlos Puga, en la inauguración de la Exposición de Cogomelos que supone el punto de partida del Outono Micolóxico. “Nótase que hai menos variedade, indica. Y es que si en años anteriores en la muestra podían verse ejemplos de más de cien especies distintas este año rondan las 80. “Todas elas recollidas nos montes do Salnés e tamén pola comarca do Ulla-Umia”, matiza. De hecho solo en el monte de Moraña lograron recogerse 60 especies distintas de setas, tanto de aquellas comestibles como de las tóxicas.

Y es que de hecho la exposición de A Cantarela sirve como perfecto escaparate para comprobar que, en el mundo de las setas, nada es lo que parece y que dos especies muy similares pueden llevarte a la excelencia culinaria o directamente a la muerte.

En todo caso Carlos Puga reconoce que teniendo en cuenta “o pouco que choveu xa nos sorprende ter atopado tantas”. En A Cantarela son alrededor de 190 los socios que comparten su pasión por la micología no desde hace años, sino desde hace ya décadas. Todos, sin excepción, están dispuestos a compartir su conocimiento sobre este mundo tan en alza y por ello a partir de hoy se celebran charlas técnicas que van desde la iniciación a la micología hasta trucos para cocinar lo que se recoge en el monte. Son todas a las ocho y media de la tarde en el Auditorio. Además todos los lunes de siete a ocho en su local social de la calle Rosalía de Castro ofrecen asesoramiento gratuito. 



José María Costa | “As APP móbiles sobre cogomelos son unha trampa que poden levar a tráxicos finais” 


José María Costa Lago é membro da Asociación Micolóxica “Pan de Raposo” que, ano tras ano, colabora coa Cantarela na programación do Outono Micolóxico. El, estudioso dos cogomelos dende hai décadas e sempre en continua formación, será o encargado mañá de impartir unha conferencia sobre as intoxicación. Algo que, pese ás advertencias, acontece cada temporada e en máis dunha ocasión.



É moi raro que, cando empeza a temporada micolóxica, non se vexan noticias de xente intoxicada polo consumo errado de cogomelos...
Si, acontece cada ano. Eu creo que o que motiva esas situacións é a ignorancia. E a ignorancia é moi atrevida. Segue pensando de forma moi lixeira, aprenden catro características e non se preocupan de nada máis. O caso é que algunhas especies poden provocarche gastroenterite e outras poden levarte á UCI ou incluso á morte. A xente non sabe ao que se enfronta ou déixase guiar por lendas populares.


A mellor forma para iniciarse na micoloxía é acudir a unha asociación porque alí haberá xente que sabe moitísimo 


Que clase de lendas?
Pois do tipo de que se pos as setas en allo e sen endurecen que as podes comer. As cores son as primeiras que chaman a atención de que unha especie é perigosa, pero non é o único. Hai que mirar outros detalles. A única garantía que temos se as collemos para comer é que estamos seguros ao cen por cen de que son comestibles.


Vostede leva décadas estudando os cogomelos e supoño que se sorprenderá da cantidade de xente que agora é afeccionada á micoloxía...
Hai uns anos eramos moi poucos polo monte e menos os que nos dedicabamos a estudar detidamente os cogomelos. Agora parece que é un auténtico fenómeno social. Que pasa? Pois que as redes sociais axudan como amplificador e cada vez hai máis xente que sae ao monte con ganas de coller setas para comer. O estudo de algo require tempo e paciencia, pero nesta sociedade vivimos a tantísima velocidade e lánzase sen saber.

De feito hai anos apenas se vían nas librerías guías micolóxicas e agora existen moitas e incluso hai aplicacións para o móbil para detectar a tipoloxía dos cogomelos...
Eu creo que parte das intoxicacións que se dan veñen polas guías micolóxicas que clasifican as especies como de “se comen ou non se comen”. Ti miras unha guía de plantas e non pasan esas cousas. Os cogomelos teñen moitísimo máis interese que o gastronómico. Despois están as app para o móbil, que poden ser unha trampa. Fíanse delas e despois veñen os finais tráxicos. A mellor fórmula para iniciarse na micoloxía e ir sabendo é estar nunha asociación porque aí sempre vai haber xente que saiba moito e que ten tempo para estudar os cogomelos. Hai que aprender sempre do que máis sabe.


Cales son as especies tóxicas que podemos atopar nos montes galegos?
Temos cantidade delas. Podemos encontralas moi boas comestibles e outras con efectos moi graves. A gran maioría teñen moito interese botánico e non son atractivas dende o punto de vista gastronómico. Provocan efectos graves as lepiotas, os “sombreiros de bruxa” ou as amanitas. Hai que ter tino e saber diferencialas.


O uso gastronómico dos cogomelos é algo recente...
Si, moi recente. Eu recordo cando era rapaz que nin os champiñóns de cultivo se comían. Antes os cogomelos usábanse para outras cousas como para os tintes ou para prender o lume. Agora poden adquirirse en mercados produtos excelentes. 

La falta de lluvias provoca una caída en la diversidad de setas en O Salnés

Te puede interesar