A Xunta desembarca no Culturgal coa clara aposta polo sector e os novos formatos

A Xunta desembarca no Culturgal coa clara aposta polo sector e os novos formatos
Os que asistan ao Culturgal terán a oportunidade de coñecer as programacións culturais da Xunta para o vindeiro ano | Cedida

A Feira das Industrias Culturais de Galicia (Culturgal) desembarca en Pontevedra nun dos momentos clave para un dos sectores máis tocados pola pandemia, pero que grazas ao apoio da Xunta de Galicia foi quen de manter unha programación estable nunha aposta clara polo seu futuro. A Xunta estará no Culturgal con forza e cun stand presencial no que se programarán de xeito directo un total de 13 actividades. O foco das mesmas será, como non podía ser doutro xeito, para todos os gustos e tocará ramas innovadoras como a da industria dos videoxogos en Galicia ou iniciativas como o Hub Audiovisual da industria cultural como ferramenta imprescindible para atraer rodaxes a Galicia e reforzar ademais o apoio á creación propia. Ambas no axenda prioritaria da Xunta para o ano 2022. E hai máis. O stand autonómico poñerá o acento naquelas accións que se puideron levar a cabo pese á situación sanitaria propiciada polo covid e tamén no futuro. Os que asistan ao Culturgal terán a oportunidade de coñecer as programacións culturais da administración autonómica para o vindeiro ano, as próximas producións do Centro Dramático Galego ou as previstas para a Cidade da Cultura, así como afondar no potencial literario e audiovisual existente na comunidade.


Plan de Reactivación

A celebración do Culturgal, do que a Xunta é o patrocinador principal, supón o rexurdimento dun sector tras meses de incertidume. Un sector que contou coa ventaxa de que Galicia fose a primeira comunidade en aprobar un Plan de Reactivación Cultural da Xunta que permitiu inxectar nas industrias vencelladas a esta rama un total de 42 millóns de euros. Houbo -tras diálogo cos axentes implicados- axudas directas ás empresas e profesionais e a activación de tres plans de rescate. A administración autonómica estableceu como principal obxectivo o de conseguir o mantemento da programación na medida do posible para fomentar o emprego con novos formatos e así incentivar o consumo. Precisamente para este último punto puxo en marcha a principios de mes o Bono Cultura, cunha grande acollida entre os galegos.


A Xunta desembarca nunha das feiras culturais máis importantes de Galicia cos datos recentes sobre a situación do sector publicados hai uns días polo Consello da Cultura Galega. Segundo este informe hai melloría na situación e indicios da recuperación do emprego e do consumo cultural por parte dos fogares a niveis do ano 2019. De feito os datos apuntan a un total de 83 novas empresas culturais creadas nos nove primeiros meses do ano.Todo sumado a un incremento notable do gasto público en cultura nos últimos meses.


Dende a Xunta teñen claro que o seu compromiso pola cultura segue a ser o mesmo que nos peores momentos da pandemia non só dende o punto de vista de reactivar as industrias culturais xa existentes, senón también coa intención de incentivar aínda máis o seu crecemento. Daí que neste último trimestre do ano as actividades programadas pola administración autonómica neste ámbito acaden as 2.500 e que o seu compromiso para seguir así durante o vindeiro ano se vexa evidenciado nos orzamentos, cun crecemento no apartado cultural dun 6 % respecto ao ano anterior.

Así pois o stand que a Xunta terá no Culturgal durante toda esta fin de semana en Pontevedra permitirá aos que visiten a feira coñecer de cerca que a cultura en Galicia está máis viva ca nunca e que o futuro vén da man de novos formatos e novas apostas sen esquecerse doutros que xa estaban máis que consolidados no mercado. Un esforzo colectivo entre institucións e o propio sector que se constata nos datos e tamén na aposta dos propios galegos pola cultura de seu.

A Xunta desembarca no Culturgal coa clara aposta polo sector e os novos formatos

Te puede interesar