Narcos impóñense aos patrulleiros na Cutre Sark

Se a peña Arría o Jallo botou man do botafumeiro -Fumejallo-, da explosividade dun imitador da cantante Miley Cyrus e dunha posta en escea espectacular para acadar o primeiro premio no Gran Premio Ícaro de Voo sen Motor, onte tivo que remar “a fume de carozo” para levar o primeiro premio na regata Cutre Sark de Embarcación Feitas a Machada e Propulsión a Pan de Millo que se desenvolveu na praia de Coroso cun total de 41 navíos participantes. Aínda que esa non foi a primeira en regresar á area tras virar na boia, pois o fixo a canoa de Estou que Escacho, o xurado valorou non só a velocidade, senón tamén aspectos como a vistosidade, a enxeñería e a performance que fixeron os seus integrantes.  
A peculiaridade da embarcación vendedora foi que era unha planeadora con pedaleta na que ían uns narcos, que ao chegar a orilla fixeron unha descarga de fardos de droga. Curiosamente, a segunda na clasificación xeral da regata foi o bardo de Aduanas da peña Os Pintos Joden Quintos que, como dicían ao chegar á terra, non puideron dar captura por moi pouco aos traficantes. O terceiro peldaño no podio foi para a citada canoa de Estou que Escacho, no que se quixo primar a velocidade, pois a elaboración da embarcación era moi sinxela, segundo o xurado. En cuarto lugar quedou a gaivota de Derrape Mental e o quinto posto foi para Estrellas de Bar co “Acorazado Smirnof”, con tanque incluido.
Tamén chamaron a atención o “Conlleira Golf Club de Os Meljachos van de Capachos, que representaron o proxecto anunciado neste xornal sobre a construcción dun complexo turístico que inclúe campos de golf na finca La Soledad; así coma outros como recreación a escala do Monumento, a patera paraíso fiscal, unha batea, unha boina de gran tamaño, as imaxes de Valle-Inclán e duns ratos. Todas estas últimas non recibiron premio, pero o máis importante foi que saíran a frote, aínda que con moitos estragos, e a maioría foron a parar aos contenedores de obra.
Na véspera desenvolveuse a final do certame de canción de tasca, co triunfo para Estou que Escacho, seguido de Berberechos Asasinos e Ratos da Illa. No exame de patróns, a peña infantil Salmonetes do retrete o fixeron en riguroso diferido, e outras cinco no escenario do Malecón. n

Narcos impóñense aos patrulleiros na Cutre Sark

Te puede interesar