Telmo Martín | “O pobo é soberano pero non sería nada bo para Sanxenxo un cambio de goberno”

Telmo Martín | “O pobo é soberano pero non sería nada bo para Sanxenxo un cambio de goberno”
Telmo Martín con una foto junto a su madre

O candidato popular, Telmo Martín, (Meaño, 1958) concurre ás vindeiras eleccións municipais para revalidar a Alcaldía de Sanxenxo e faino “con moita ilusión e forza” e contento co traballo realizado nestes seis anos de goberno.

 

Foi un mandato con grandes proxectos para Sanxenxo...
Máis que proxectos, eu diría que foi con tres obxectivos claros. Impostos baixos, mellorar os servicios que necesita a xente e facer as infraestruturas pendentes que precisa Sanxenxo. Eu creo que esas tres estratexias levámolas a cabo e con nota.

 

E que plans ten para as parroquias?
Temos un tema moi importante. O ciclo da auga vai reportar ao Concello máis de 20 millóns de euros. Vanse facer obras por valor de 10 millóns de euros nos vindeiros tres anos e vamos a deixar saneado todo o rural, tanto o abastecemento de auga como o saneamento e as pluviais e tamén acabamos de licitar asfaltados por un millón de euros. Para o vindeiro mandato temos un proxecto co que estou moi ilusionado e que vai ser a recuperación da fachada marítima da Ría de Arousa, dende Dena ata O Grove, pola Revolta. Vai ser unha senda magnífica e un antes e un despois na zona de Vilalonga e Noalla.

 

Ábrese así outro modelo de turismo para Sanxenxo...
Este proxecto vai dar beneficios para o marisqueo da zona de Vilalonga e tamén vai ser importante porque toda esa zona ten un alto valor ornitolóxico e é un turismo para outras épocas do ano que nos vai ir moi ben. Ademáis a sede de SEOBridlife vaise ubicar na Telleira e estamos traballando xa en cousas que van ser fundamentais para a nosa natureza.

 

E para acoller a xente que veña noutras épocas do ano haberá que facer algo co sector hoteleiro...
Sanxenxo ten que ter eventos durante os 52 fins de semana do ano. O que está claro é que teñen que ser consensuados tanto cos empresarios como co sector da hostelería e tamén con asociacións culturais da vila. O que hai que facer é concentrar os eventos en cada fin de semana para que a xente doutros lugares veñan aquí. Para eso os hoteis e restaurantes teñen que estar abertos, non todos, pero temos que buscar un punto de equilibrio para que a economía siga crecendo e baixar a barreira do paro do 8 % porque é unha obsesión que temos nós.

 

E haberá vivenda pública? 
Estamos desarrollando o PEI17 detrás do Novo Templo de Sanxenxo para facer 40 vivendas para xóvenes a través de Ínsula e estamos mirando se lle ofrecemos o terreo á Xunta ou o facemos dende o Concello. Tamén firmamos un convenio coa Sareb en Vilalonga donde vai haber 350 vivendas asequibles para persoas maiores ou xente xoven que a necesita e romper eso de que a xente marcha de aquí porque a vivenda é moi cara en Sanxenxo. Pois non. Non faremos como outros que as anunciamos nada máis, senón que as faremos de verdade.

 

O seu programa contempla doce proxectos para os vindeiros catro anos, cales destacaría?
Estamos facendo moitas cousas como a mellora de Portonovo, o Pazo Quintáns, A Telleira, o novo mercado de Sanxenxo, a Praza de Vilalonga, rutas de sendeirismo, a reforma do Pazo Emilia Pardo Bazán, o pabellón de Baltar...  Imos levar adiante a musealización do xacemento da Lanzada coa Diputación e xa temos o compromiso do Goberno de España para desarrollar ese tema... Temos tantas cousas en carteira, pero non en publicitaria, en carteira de verdade, que non lle convén a Sanxenxo cambiar de goberno. O pobo é soberano pero nestes momentos non sería nada bo para Sanxenxo que houbera un cambio.

 

Todo iso sumado ao pago da sentencia das Cunchas...
Si. A sentencia non a compartimos pero temos que acatala. É incrible ter que pagar a unha familia que edificou eso ahí e non cedeu un metro cadrado público para o Concello. Estamos pendientes de que nos digan como hai que facer para pagar e punto. Pero a ver si pensa alguén que vamos a pagar esa sentencia e deixar alí un terreno para disfrutar eles tamén. Non. Vamos a modificar o Plan Xeral para facer todo o que nos permita a lei para sacar un rédito económico a ese terreo que nos obligan a pagar.

 

A súa lista incorpora a membros de SAL, conta con sumar os votos da formación e seguir incrementando a súa maioría absoluta?
Unha das obrigacións que teño como presidente do PP de Sanxenxo é tratar de unificar o centro dereita e conseguiuse que as persoas que marcharon do PP no 2011, regresen. Eu creo que foi unha boa cousa pero os votos xa dependen dos veciños.

 

Como ve o panorama para a vindeira corporación municipal?
A min gustaríame repetir o resultado. Ter dez concelleiros de 17 é un bo resultado e para min sería unha satisfacción moi grande que os veciños respaldaran a xestión que fixemos. Eso te da forzas para seguir manténdote forte con outras administracións. É o que me gustaría e o que pido, pero a xente decide. 

 

Dolores Aurora González Vidal

Ao candidato ilumínaselle á mirada cando fala do seu referente, Dolores Aurora González Vidal, “miña nai é todo”. “Eu son fillo de solteira, e no ano 1958 era moi difícil co franquismo, por eso á miña nai téñoa nun pedestal. Para mín é unha santiña”. “Cando eu tiña catro anos tivo que marchar para Alemania e deixoume cos meus avós...”. “Quero facer un recoñecemento a todas esas mulleres, que como ela, foron nais solteiras nesas épocas”. “Ela enseñoume a loitar pola vida e polas cousas e inculcoume moitos valores”.

 

[... e mañá entrevista a María de la O Fernández candidata de Podemos-Marea da Vila de Vilagarcía ]

Telmo Martín | “O pobo é soberano pero non sería nada bo para Sanxenxo un cambio de goberno”

Te puede interesar