O Día das Letras Galegas viviu sendas festas rachadas en Taragoña e Leiro, en Rianxo

O Día das Letras Galegas viviu sendas festas rachadas en Taragoña e Leiro, en Rianxo
O grupo de gaitas Buxaina realizou un pasabares dentro daa programación do Día das Letras Galegas en Taragoña I Chechu Río

A parroquia rianxeira de Taragoña acolleu ao longo deste mércores, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, unha cheaa de actividades promovidas pola asociación Antrospinos, coa colaboración do Concello de Rianxo, que se enmarcou dentro da denominada Festa de 1906 no Campo de Pazos (Taragoña). A programación arrancou en torno ás once e media da mañá cun pasabares a cargo do grupo de gaitas Buxaina, e continuou un par de horas despois coa actuación de Pulpiño Viascón. Trala pausa para a comida e a sobremesa, foi a partires das seis da tarde cando tiveron lugar os espectáculos de Estróupele, Nunca é tarde, Fogo Fatuo e Lusco e Fusco, para rematar a partir das oito da tarde coa actuación de Antónke.
 

Pola súa parte, o centro cultural Vicente Vidal, de Leiro, coa colaboración municipal, organizou unha serie de actos co mesmo motivo que en Taragoña, e que incluiu rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Esta iniciativa tivo como obxectivo promover a cultura e a literatura galega, así como honrar aos escritores e artistas que contribuíron á difusión da lingua galega. O evento foi unha oportunidade para que os residentes en Leiro e os visitantes se reunisen e celebrasen xuntos a rica herdanza cultural de Galicia.

O Día das Letras Galegas viviu sendas festas rachadas en Taragoña e Leiro, en Rianxo

Te puede interesar