Ferida de gravidade unha ciclista ao desestabilizarse a súa bicicleta nun bache e golpearse co asfalto en Corrubedo, en Ribeira

Ferida de gravidade unha ciclista ao desestabilizarse a súa bicicleta nun bache e golpearse co asfalto en Corrubedo, en Ribeira
O persoal técnico do 061 inmoviliou á ciclista ferida e logo a introduciu na ambulancia para trasladala ao Hospital do Barbanza I Chechu Río

Unha muller, que é natural do País Vasco e que está a pasar unos días en Boiro, resultou ferida de gravidade ao caerse da bicicleta sobre a que ía montada e coa que circulaba pola estrada AC-303 en dirección cara Corrubedo, á altura do punto quilométrico 5,440, ao seu paso polo lugar de Teira. O accidente registrouse pouco antes da unha desta tarde cando esa ciclista transitaba por ese vial e nada máis acceder ao treito que é de competencia municipal, despois de que a Xunta de Galicia acordou a súa transferencia ao Concello de Ribeira, pasou cunha das súas rodas por encima dun bache ou un punto no que o asfalto está afundido, desestabilizouse e foi caer e batiu co seu corpo contra o pavimento, mentres que o seu acompañante foi quen de esquivar ese bache.

 

Un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para comunicar o que sucedera pero segundo a súa versión, pensaba que a ciclista caera empurrada polo vento, pero non se percatara da existencia do bache causante do sinistro. A vítima queixábase de dores na parrilla costal e sospeitábase que puidera sufrir a fractura da clavícula, ademáis de presentar feridas na cabeza, pola que sangraba, e tamén nunha das súas muñecas. 

 

Ata o lugar do accidente, no que se detiveron algúns conductores para axudar e ata onde incluso se achegou algún veciño coas mesmas intencións, movilizouse unha patrulla da Policía Local de Ribeira, que se encarga de instruír o atestado, así como una ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB) de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, con base na capital barbanzana, cuxo persoal técnico encargouse de prestar unha primeira asistencia á muller ferida e tamén inmovilizouna cun collarín e unha padiola de palas e logo foi introducida no vehículo asistencial, no que se procedeu a súa evacuación á área de Urxencias do Hospital do Barbanza.

 

20230517 132420
 
20230517 132439
 

Ferida de gravidade unha ciclista ao desestabilizarse a súa bicicleta nun bache e golpearse co asfalto en Corrubedo, en Ribeira

Te puede interesar