Manuel Ruiz presenta ante os veciños a súa proposta de desenvolver o plan parcial Abesadas B

Manuel Ruiz presenta ante os veciños a súa proposta de desenvolver o plan parcial Abesadas B
O alcaldable do PP explicoulles a veciños de Abesadas s súas intencións de desenvolver un novo plan parcial no barrio

O candidato do PP a revalidar a Alcaldía de Ribeira, Manuel Ruiz, deu a coñecer onte pola tarde nunha das novas prazas abertas ao exterior xurdidas a raíz da recente remodelación da Casa da Xuventude, o proxecto para dinamizar o barrio residencial de Abesadas, que xa presentou hai unha semana ante asociacións e entidades nun acto celebrado no centro cultural Lustres Rivas. Como naquela ocasión, o cabeza de lista popular explicou aos veciños a súa intención de desenvolver o plan parcial Abesadas B, que está contemplado no PXOU, e que vai permitir crear nunha superficie de 60.000 metros cadrados, pola parte posterior ao edificio que alberga os xulgados, novas zonas verdes, pistas deportivas, áreas de esparexemento e medio milleiro de prazas de aparcamento en superficie, independentemente das correspondentes aos cinco edificios que se prevén construirir, separados entre eles 25 metros "na procura de conquerir un barrio máis humano, accesible e agradable, acorde coa 'nova Ribeira' que propó o noso programa. Sería, ademais, o lugar ideal para ubicar o novo centro de saúde, que precisa dúas plantas de 1.800 metros cadrados cada unha para acoller novos servizos.

 

O alcaldable popular tamén fixo alusión á subvención europea confirmada a finais do mes pasado e que, co ánimo de favorecer as baixas emisións, destina 875.000 euros de fondos Next Generation a mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria: un proxecto que se pretende materializar en connivencia cos propios residentes no barrio de Abesadas. Por outra parte, tanto Manuel Ruiz como Mariola Sampedro, que estivo acompañando ao cabeza de lista, xunto con outros dos seus compoñentes, recordaron algunhas das actuacións realizadas nos últimos catro anos para mellorar a vida do barrio, como a referida reforma integral da Casa da Xuventude, que incluíu a apertura ao exterior de pequenas prazas -como a que acolleu o acto-, ou un gran espazo público entre ese inmoble e o colexio Galaxia; ou tamén o cambio de pavimentación no parque, a aprobación do gasto para a próxima cubrición da zona de xogos infantís, o asfaltado dun dos seus aparcadoiros disuasorios, a apertura dunha senda turístico fluvial polo cauce do río Pedrín ata o lavadoiro de San Roque, a canalización de pluviais e construción de beirarrúas no entorno da escola infantil municipal ou a construción do futuro auditorio. Tamén tiveron críticas cara "a irresponsabilidade da oposición, que onte mesmo ralentizaron o proceso de municipalización do parking do Centenario ao impedir co seu voto poder sacar a información pública e presentación de alegacións tanto a ordenanza fiscal como o regulamento de funcionamento do aparcamento", dixo Ruiz Rivas.

 

Infografia proyecto abesadas AEREA 1 (5)
 

Manuel Ruiz presenta ante os veciños a súa proposta de desenvolver o plan parcial Abesadas B

Te puede interesar