Un parque acuático de 700 metros cadrados é o proxecto estrela de Iniciativa Cidadá de Boiro

Un parque acuático de 700 metros cadrados é o proxecto estrela de Iniciativa Cidadá de Boiro
Miguel Piqueras e Antonio García presentaron a imaxe do parque acuático que ICBoiro promove para A Cachada I Chechu Río

Antonio García y Miguel Piqueras, candidato á Álcaldía e número 3 de Iniciativa Cidadá de Boiro (ICBoiro), respectivamente, levan traballando máis dun ano para desenvolver, como proxecto estrela, un proxecto de parque acuático na Cachada -que sería o máis grande da provincia-, como lugar de ocio e encontro para os máis mozos e familias do concello e que sería unha atracción turística para a comarca, e incluso estudan levar parques de auga máis pequenos ás aldeas. Trátase dun espacio de 700 metros cadrados e 100% accesible con elementos de xogo interactivos e segmentado en tres áreas. Contará cunha zona para os más cativos para que experimenten coas texturas da auga, outra para adolescentes con maior interacción de xogo con cañóns, elementos que xiran 360 graos e nos que se busca un xogo colaborativo, e outra na que os adultos poden interactuar cos nenos con elementos como un cubo que fai dobre caída de auga ou xogos icónicos que xeneran un grande impacto visual.

 

Ambos sinalaron que a interacción de xogo é clave neste espazo permitindo rotar, pulsar, xirar, volcar e manipular en contacto co xogo e a auga. "Un espazo pensado tamén como refuxio climático para mitigar os efectos das olas de calor nos días máis calurosos do verán e que supón ter unha grande capacidad de usuarios que dinamizan ese espacio", precisou García Castro. Engadiu que non se require de socorrista xa que ao ser de profundidad cero no existe o risco de afogamento. "Ademais, sabemos que a auga é un recurso natural limitado e, por elo, contará cun sistema de recirculación da mesma que recuperará toda a auga utilizada no parque e a levará a un depósito soterrado, tratarase cos estándares máis altos de calidade a nivel europeo e se gobernará a instalación co controlador Maestro, deseñado especialmente para estas áreas de xogo que garante o perfecto estado do parque en todo momento".

 

ICBoiro sostén que todos os xogos serán de aceiro inoxidable e contarán ademáis con boquillas dese mesmo material de bixo caudal que, xunto ás secuencias utilizadas, minimizarán a auga usada no parque.

Tamén utilizarase un pulsador de activación da área e un control de horario "de tal modo que se non hai ninguén non estará funcionando", indicó Piqueras. Este último detallou que  a versatilidade no inverno é total, permitindo quedarse como unha zona diáfana, convirtiéndose nunha zona ornamental con só chorros de chan y secuencias ou deixándose montada ata a temporada seguinte. "Como dato orientativo, a área que ocupa todo o parque usará un depósito cun volume de auga de 10 metros cúbicos fronte ao volume de auga dunha piscina destas dimensións que sería olímpica de 3.375 metros cúbicos". comentou Miguel Piqueras, quen detallou que este proxecto permite disfrutar dun espaz de ocio acuático ás persoas más vulnerables e potenciar o uso de todo el recinto do parque en toda a temporada estival, dando pé así a novas actividades ou usos do espazo.

Un parque acuático de 700 metros cadrados é o proxecto estrela de Iniciativa Cidadá de Boiro

Te puede interesar