Antón Lezcano | “A idea para o cartel do Marisco xurdiu do despece dunha vaca”

Antón Lezcano | “A idea para o cartel do Marisco xurdiu do despece dunha vaca”
Antón Lezcano, gañador do concurso do cartel da Festa do Marisco | cedida

Xa son tres as veces que o deseñador gráfico coruñés Antón Lezcano gaña o concurso do cartel da Festa do Marisco. Pese a non residir no Grove, declárase un namorado da península meca dende que, case por casualidade, elexiu Meloxo como destino para veranear e para xogar a chave. “Tivemos un neno pequeno e buscabamos un lugar tranquilo”, apunta.

Como xurde a idea do cartel desdeste ano?
As miñas ideas sempre teñen unha vinculación moi vacuna e pensei nun despece coas distintas partes da centola pero como só ten tres, pois ocurriuseme facer un mapa do casco urbán do Grove. Algo que fixera do cartel da Festa do Marisco algo propio do Grove e que non puidera ser doutra cita gastronómica.

Está o casco urbán, pero tamén outras zonas. Como fixo a elección de barrios?
Coma veraneo sempre nunha casa de Meloxo, pois dábame pena deixalo fóra así que incluín outras zonas tamén referentes no Grove. Sei que quedaron lugares fora, pero espero que os veciños me saiban perdoar porque todos non cabían na centola. Ademais, o cartel ten o toqueciño do fondo que é a carta náutica do Grove na que aparece todo o municipio. É un cartel moi meco.
Este é o tercer ano que logra facerse con este premio. Como se consegue?
Este ano presenteime dous minutos antes de que pechase o prazo e porque o ampliaron que senón xa non me daba tempo. Fun a o Grove por un campionato de chave e de paso levei o cartel. En cada edición optei por propostas moi diferentes que non repetisen ideas e que se identificasen co Grove, pero para o ano xa non me presento. De feito este ano non me ía a presentar.

Algunhas persoas critican a ausencia dunha cunca de viño na imaxe principal.
A cunca co viño aparece na parte baixa do cartel porque é o anagrama da festa. Non tería sentido que o Concello nos diga cales son os elementos que teñen que aparecer e nos pida que sexamos orixinais.

¿Disfruta habitualmente da Festa do Marisco?
Fun dous anos, pero este ano teño tanto lío aquí que non vou poder ir nin sequera a recoller o premio. Irei para San Martiño e gastarei todo no Grove coma sempre. O premio sempre se reinvirte no Grove.

¿Que lle parece a cita, gústalle?
É unha festa moi masificada, pero no bo sentido, hai moitísima xente é iso é bo para a economía do pobo. Quero destacar a calidade do cartel dos concertos, este ano son brutais, ao nivel de calquera festival de música. En poucos sitios se pode ofrecer un cartel destas características gratuito. O Grove ten un grandísimo gusto musical e ten canteira de grupos cunha gran calidade.

Antón Lezcano | “A idea para o cartel do Marisco xurdiu do despece dunha vaca”

Te puede interesar