David Castro: “Se alguén lle puxo ilusión á regularización do viño de Barrantes ese fun e o meu equipo”

David Castro: “Se alguén lle puxo ilusión á regularización do viño de Barrantes ese fun e o meu equipo”
O rexedor cata o viño no acto de presentación da cincuenta edición | Mónica Ferreirós

A tradicional Festa do Tinto do Salnés celebra a súa cincuenta edición, un aniversario para o que a vila espera unha afluencia sin precedentes. Unha programación presentada con agarimo na edega de Emilio Mosteiro Caro, “Lucho”, onde Castro fixo gala do compromiso do seu equipo co viño de Barrantes.

Para esta cincuenta edición ideouse unha programación especial, que destacaría dela?
Hai que destacar moitas cosas deste cincuenta aniversario. Para que haxa cincuenta anos de festa hai moitas persoas que fixeron moito traballo. Por iso, para min é fundamental un recoñecemento para eles. Nesta edición tratamos de que poidamos chegar a tódolos veciños de Ribadumia, xa que este cincuenta aniversario é o evento máis importante do concello. Estamos traballando para consolidalo, sempre xerou unha riqueza económica importante e vamos a regularizar esa variedade, porque eso é o que lle vai a dar ese empuxe final que necesitamos nesta festa, sobre todo para que teña consistencia de cara aos próximos anos. En canto a programación, hai actuacións para todos os públicos dende o xoves ao domingo, con orquestras de primeiro nivel do panorama de Galicia, para que todos os veciños poidan gozar dun cincuenta aniversario que quede para historia e perdure no tempo. Un evento que é un dos revulsivos económicos, turísticos e gastronómicos máis importantes que ten este Concello e unha das festas máis importantes do Salnés. Polo que imos intentar promocionala e colocala entre unha das primeiras festas de Galicia.

En canto a súa regularización, parece que pode ser unha realidade despois dos últimos anuncios...

Se alguén lle puxo ilusión á regularización ese foi David Castro e o equipo que o acompañou. Iniciamos ese proceso hai seis anos e nunca houbo un compromiso tan próximo por parte das autoridades competentes en materia de agricultura e medio rural. Isto vai ser unha realidade, porque eu son consciente de que o vai a ser, aínda que leve un tempo. Sei que nos próximos anos, entre 2025 e 2027, poderemos gozar desa regularización ansiada dende hai cincuenta anos. Polo que vamos a traballar arreo.

Como novidade, este ano engadiuse á programación o concurso de tapas e petiscos, vai camiño a convertirse nunha nova tradición?
Por suposto, a comisión organizadora acertou de cheo nesta iniciativa. Os establecemento creron neste concurso, o que o converteu nun éxito e somos conscientes de que novos locais ampliarán a oferta desta edición para convertelo no mellor certame de tapas do Salnés. De cara a próximos anos hai que fortalecelo e promocionalo para que máis veciños asistan a Ribadumia.

Espérase unha gran afluencia...

Temos moita ilusión neste cincuenta aniversario e somos conscientes de que, a día de hoxe, non hai entradas para o xantar, que é unha das partes máis importantes. Ademais, somos conscientes de que esta festa ten moito futuro

David Castro: “Se alguén lle puxo ilusión á regularización do viño de Barrantes ese fun e o meu equipo”

Te puede interesar