“Estou satisfeita porque non so mantivemos os servicios senón que logramos ampliar”

“Estou satisfeita porque non so mantivemos os servicios senón que logramos ampliar”
Diario de Arousa-2015-05-13-014-48c06086

Isabel González deixará nas vindeiras semanas o relevo do departamento de Servicios Sociais á persoa que se designe para este posto tralas eleccións do día 24. A diferencia do resto de compañeiros cos que forma goberno e que deixan a política activa, ela faino tras so catro anos en política.

Tiña vostede interese en continuar co traballo en Servicios Sociais?
Interes si, pero as condicións laborais e persoais miñas cambiaron e faleino co candidato do PP. Ambos decidimos que o mellor era que non participara na candidatura.

Como queda un dos departamentos máis sensibles do Concello?
Pois nestes catro anos non se recortou ningún dos programas que se lle estaba ofrecendo aos cidadáns. Seguimos co de actividades físicas para maiores; o taller de memoria; incrementouse o de emerxencia social; o de axuda no fogar conta agora cunha coordinadora que antes non tiña, e ademáis incrementouse a plantilla de auxiliares, o que nos permite prestar 300 horas máis de atención aos dependientes.

Algún partido ten criticado os recortes derivados do Plan de Axuste
O único que eliminamos foi un autobús para o programa de actividade física para maiores, e fíxose porque non había usuarios que o xustificaran.

O departamento estivo sempre á altura das necesidades que tiña a poboación?
Totalmente. Outra cousa é que as necesidades foranse incrementando cada vez máis e a todas non se pode chegar. Pero nós atendemos todas as demandas que recibimos de alimentos, de pagos de alquiler, de luz, de comedor de nenos... Non houbo ningunha petición nese sentido que non fose atendida.

A crise obligadou a modificacións?
A partida foise incrementando presuposto tras presuposto e incluso a veces derivando de outras para aumentar a de emerxencia social.

Que tal levou as críticas da oposición?
A oposición nunca dixo que os Servicios Sociais non funcionaran ben. A única controversia que xurdiu foi relativa ao Centro de Día, cando se sacou o novo concurso. E básicamente era porque desaparecía o médico, pero o certo é que temos o centro de saúde ao lado e o que conseguimos eliminando ese posto e algún máis que non era necesario para o funcionamiento do Centro de Día foi rebaixar a praza en case 200 euros. É un coste menor que asume tanto o Concello como o usuario.
Trala nova contratación a media de usuarios do Centro de Día é de 60 cando antes era de 40. Eu penso que o servicio mellorou.

Está satisfeita co traballo feito nestes catro anos?
Si

Hai algunha cousa que tal vez se tivera podido facer doutro xeito?
Estou convencida de que se podían ter feito máis cousas, pero a situación económica era a que era. Co que tiñamos había que manter o que había. E non so o fixen senón que algún servicio, como atención no fogar, ampliouse.

Encontrou sensibilidade nos compañeiros do goberno co seu departamento?
Todolos anos foi necesario ampliar o programa de emerxencia social e os compañeiros, si nalgún momento tiveron que renunciar a unha partida, nunca puxeron problema algún. Todos entenderon sempre que Servicios Sociais é un departamento básico.

Especialmente a alcaldesa?
Sempre me sentín moi respaldada por ela, que foi ademáis quen me guiou nos primeiros pasos.

Ademáis vostede é a representante de Noalla. Tamén está satisfeita co traballo que fixo nesta área nestes catro anos?
Sempre que hubo unha demanda de un veciño meu foi atendida, polo tanto síntome satisfeita, dentro do que as posibilidades económicas me permitiron. De inversión non falamos.
E a nivel persoal como valora a experiencia?
Fantástica. Tódolos cidadáns deberian ser concelleiros nalgún momento da súa vida.
Eu aprendín moito e repetiría sen duda se se deran as circunstancias adecuadas.

Non se vai cansada?
En absoluto. Nin a nivel persoal nin político. Foi unha decisión que hubo que tomar e creo que é acertada.

Como foi a súa relación coa oposición?
Ben. Non recibín grandes críticas. A que máis me molestou foi a de Sandra Fernández Agraso, esa frase de “unha concelleira que non exerce”. Non entendo que me descalifique persoalmente cando non me volvo presentar.
Pero si non se exerce non se manteñen os servicios que hai, non se contratan coordinadoras, non se mellora nada, non se consigue un concurso que abarate a plaza do centro de día e mellorando a atención aos usuarios.
Tamén conta cun bo equipo para facer este traballo, non?
Totalmente. Son xente implicada e entregada. A diferencia da imaxe que se ten do funcionario, o personal de Servicio Sociais ten un trato humano, directo e cercano.
Quen valora si unha persoa entra nos baremos de recibir unha axuda ou non son eles, non é a concelleira.

Como viviu o conflicto das nais e  das axudas?
Un tema gastado. Viña do 2010. Recurrimos a un informe externo e puidemos resolver o problema.
Calquer reivindicación queima, a elas e a nós. Nese expediente traballouse moitísimo pero eu entendo a desconfianza delas.

Os veciños perciben o traballo que hai detrás de calquer decisión política?
Nos sabemos explicar o traballo que se fai nun Concello. Á cidadanía non lle chega. Por eso penso que sería bo que todos foramos concelleiros unha vez na vida

“Estou satisfeita porque non so mantivemos os servicios senón que logramos ampliar”

Te puede interesar