“Encántanos poder volver a Revenidas, ao fin de contas Arousa é a nosa casa”

“Encántanos poder volver a Revenidas, ao fin de contas Arousa é a nosa casa”
Concierto de Heredeiros da Crus para presentar su nuevo disco

É o grupo que popularizou no mundo da música o “jallejo”, ese que se fala nas dúas bandas da Ría de Arousa, e que fará vibrar esta fin de semana a milleiros de persoas nunha nova edición do Festival das Revenidas de Vilaxoán. O ano pasaron racharon moldes e ese ano repiten na noite do sábado, a partir das dez e media da noite. Unha xornada festivaleira na que tamén estarán sobre o escenario grupos como Terbutalina, The Mahones ou Familia Caamagno entre outros.

Polo visto quedou un bo sabor de boca en Vilaxoán que este ano volvedes a Revenidas...
Si, a verdade é que foi unha sorpresa incluso para nós porque pechamos moi encima da data. Sempre é un pracer actuar ao lado da casa e o ano pasado pasámolo moi ben. Ao fin de contas Arousa é a nosa casa e o concepto deste festival vainos moito.

Sodes un dos grupos que máis estandarte fixo do galego con seseo e gheada... Agora xa hai máis. É un atranco cantar no que vós chamades “jallejo”?
Nós facemos un rock en “jallejo” e vimos dunha época na que non se facía algo así, aínda que houbo precedentes incluso na comarca xa nos 70. Tivemos sorte e encaixamos coa xente e estamos moi orgullosos diso. Sempre existe o dilema entre se cantar en galego, en español ou en inglés. Nós témolo claro. Cantar en galego é o que nos fai ser grandes aquí, senón seriamos un grupo máis. Ademais encántanos que haxa grupos que tamén canten en galego como son, por exemplo, Dakidarría ou Terbutalina. Faino moi ben e traballan moito para obter un resultado moi digno.

Volvestes no 2012 despois dunha etapa de parón. Qué camiños lles quedan por explorar a Heredeiros?
No terreo musical non buscamos explorar grandes cousas, porque non é o que demanda a xenta. Nós temos unha liña moi definida e iso é precisamente o que gusta. Todo o que sexa saír daí podes decepcionar. Para explorar outros camiños xa temos proxectos alternativos. 

Sonarán os temas de sempre en Vilaxoán?
Temos tantos himnos que ás veces costa deixar a algún fóra. Poñas o que poñas a xente responde. Nós temos a sorte de ter un gran coro de miles de voces en todos os nosos concertos.

“Encántanos poder volver a Revenidas, ao fin de contas Arousa é a nosa casa”

Te puede interesar