“O éxito do negocio está en saber evolucionar e en fidelizar á clientela”

“O éxito do negocio está en saber evolucionar e en fidelizar á clientela”
Félix Pérez e Lina Pérez no seu establecemento de Vilanova g. salgado

Empezaron co negocio o 1 de decembro do 1994, en plena campaña de Nadal, e 22 anos despois seguen adiante cun modelo que foi evolucionando e amoldándose á petición do mercado e, sobre todo, da clientela. Félix Pérez e Lina Pérez están ao fronte do negocio “Flips” e mañá mesmo recibirán a condecoración de “Autónomos do Ano 2016” das mans de Upta nun acto que terá lugar nunha das tendas ubicadas en Vilagarcía, concretamente na da rúa Edelmiro Trillo.

Como e cando empezaron no negocio?
Pois empezamos no ano 1994 nunha tenda que estaba ubicada entre a Praza de Galicia e Rey Daviña. Era o momento no que se estaban montando moitos locales do “Todo a 100” e nós, inicialmente, pois démoslle ese enfoque ao noso negocio. A partir daí fomos medrando e montando máis tendas. Chegamos a ter sete. A día de hoxe temos cinco: Dúas están en Vilagarcía e logo tamén estamos en Portonovo, Cambados e Vilanova. As de Santiago e Marín xa non as temos.

Dende aquela o modelo de negocio evolucionou...
Si, claro, fómonos renovando. Pasamos por varias fases. Hai un par de anos foi unha das máis importantes e foi cando puxemos na tenda moitos produtos a un euro que, habitualmente, tiñan un coste de 5 a 6. Iso tivo moita aceptación. Dende hai uns meses estamos noutra fase que é a de enfocar as tendas a produtos de regalo e de decoración, sempre sen perder a esencia dos artigos de “Todo a 100” de antes.

É difícil competir cos bazares chinos?
Ese é un tema que daría para moito. Non temos nada en contra dos bazares chinos. O que pensamos é que teñen que competir en igualdade de condicións e cumprir estritamente, coma nós, a legalidade vixente en materia de mercancías e horarios.

Como reciben este premio?
Pois con moita ilusión. É un premio que podería recibir calquera dos autonómos desta comarca porque todos son merecedores, aguantando en épocas moi duras. Parte do éxito é a fidelización dos clientes e un personal que é moi bo e co que o cliente se sinte moi ben.

“O éxito do negocio está en saber evolucionar e en fidelizar á clientela”

Te puede interesar