“Facemos estudos sobre o chumbo no ‘reló’ banco a banco dende o ano 2014”

“Facemos estudos sobre o chumbo no ‘reló’ banco a banco dende o ano 2014”
Diario de Arousa-2016-04-30-005-6359b918_1

A presenza do chumbo no “reló” nos diferentes bancos marisqueiros da Ría de Arousa é, para o Intecmar, un dos asuntos que centran o 25 % das análises que se realizan en Vilaxoán dende o ano 2014. Así o sinala a súa directora, Covadonga Salgado, que entende que o recente estudo da Universidade de Vigo encargado polo sector arousán que suxire que o chumbo do “reló” é inocuo par os humanos é “prometedor”.

O sector quéixase de que os criterios da Xunta respecto da extracción do “reló” son demasiado estritos...
No ano 2008 houbo unha alerta sanitaria en Aragón. Fixéronse as probas e determinouse que o produto tiña niveis de chumbo por encima dos límites legais. Iso provocou que se incrementasen as mostraxes e se vise que no caso do ‘reló’ hai unha especial querencia polo chumbo e ademais con unha variabilidade moi grande entre tamaños. Polo tanto non se podía extraer con garantías.

Que lle parecen as conclusións obtidas no estudo?
A min o estudo paréceme interesante. Eles probárono cos modelos mariños cos que traballan habitualmente. Isto parece ser unha primeira fase que é prometedor, claro. Eles mismos din que hai que ter evidencias con modelos que se poidan semellar aos humanos, con mamíferos.

En qué poderían repercutir estes resultados obtidos?
Se efectivamente o reló acumula chumbo nuns gránulos que non se bioasimilan e iso se comproba ten que plasmarse na lexislación. Ese estudo debería ser elevado á Unión Europea a través da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria para, se a avaliación fose positiva, pois facer un cambio normativo. Ata agora o chumbo está regulado, limitado a uns niveis. Nada di a lexislación que sexa bioasimilable ou non. Se isto, que é un bo indicio, se confirma, pois podería convertirse nunha excepción. A parte negativa do estudo é que parece que de cara á opinión pública xa hai solución.

Que estudos fai o Intecmar sobre este asunto?
Pois na Ría de Arousa fanse estudos banco por banco do reló dende o ano 2014 e os niveis de extracción están case nos do 2006. Aparte o 25 % das análises que se fan hoxe no centro son referentes ao chumbo no reló.

“Facemos estudos sobre o chumbo no ‘reló’ banco a banco dende o ano 2014”

Te puede interesar