Da necesidade, virtude...

parece que dun tempo a esta parte Vilagarcía de Arousa convértese en parada obrigada para todas aquelas persoas que queren ter algo que ver co futuro do socialismo, non so en Galicia senón tamén en España. A perla de Arousa foi lugar elexido no seu día para pasear a esbelta figura e o predicamento de Pedro Sánchez e, nestes días, tócalle o turno a Patxi López, flamante candidato (pendente da entrega de avais) á Secretaría Xeral do PSOE. Agora so falla que recale no peirado de pasaxeiros, desde os mares do sur, a sultana andaluza, Susana Díaz.
Patxi López dixo na súa estadía en Vilagarcía que non viña coa intención de darlle un mitin a ninguén senón que tiña a clara intención de escoitar aos militantes e de representar a única opción posible para manter unido ao PSOE do século XXI. E así foi. Xuntouse coa militancia socialista arousá, acostumada a oír de todo e a todos e ben disposta a manter o súa particular idiosincrasia que, despois de pasar por diversas vicisitudes, parece agora acougar baixo a nova dirección liderada por Miro Serén e tendo a Alberto Varela como alcalde.
Aínda que Patxi viña a “escoitar á militancia” tentou ofrecer unha clara imaxe “conciliadora” ou “de consenso” para evitar ser borrado totalmente do imaxinario socialista tras un proceso onde se augura un forte choque de trens entre as candidaturas lideradas por Pedro Sánchez e Susana Díaz. A modo de “candidato bisagra” Patxi López enarbolou a bandeira do tremendismo para conquistar a vontade daqueles moderados indecisos que nin están moito polo populismo filopodemita de última hora de Sánchez nin polo establishment oficialista de Susana. Desde logo, sin querer facer un chiste fácil, Patxi vai ter que emular a Superlópez si quere saír airoso deste lío no que se atopa metido para poder culebrear de tal xeito que non se lle vexa moito o plumeiro e, en función do resultado, poder pactar a súa continuidade en política dunha maneira digna. Así, non resultou estrano que durante o seu periplo arousán Patxi López non evidenciara demasiado a súa escasa capacidade mobilizadora tentando pasar desapercibido entre as masas para que ninguén lle acusara de ter pouco poder de convocatoria.
En fin, nestes casos sempre é máis prudente apostar por un perfil baixo sobre todo coa intención de facer da necesidade virtude ou, como dicía a raposa do conto que non podía acadar as uvas porque estaban moi altas para ela, dicir que estaban verdes, ou non?

Da necesidade, virtude...

Te puede interesar