Hai un vilagarcián ata na lúa

HOXE VOUVOS FALAR DE FÚTBOL. Tranquilos, non toleei nin se me dou por afiliarme a ningún equipo da comarca. Tampouco deixei “Velvet” por ver un dos trescentos partidos que botan todos os días na televisión. O conto vén porque o meu neto, o que é do Arosa, chejou o outro día todo alicaído da Lomba. Seica xojaba o equipo contra o Ponferradina e que lles meteron unha malleira criminal. Eu xa lle dijo sempre o que rosmaba o meu Benitiño, que no fútbol non hai rival pequeño. O conto que vos quería contar non é ese... resulta que o médico que viña co equipo de fóra era de Carril, un tal Ricardo Vélez, moi bo mozo el. Tan bo mozo e tan bo profesional que atendeu alí a un rapaz que caeu no campo e que tivo que ser atendido de urxencia. Nesas cousas si que non hai rival! E oes, o Arosa xa janará... eu sei daljún amijo do meu neto que ten apostado xa dende hai semanas e escrito nun papel con firma e todo que esta temporada vai, que esta temporada xoja a lija de ascenso. Eu de fútbol non son moito, pero de tanto escoitar ao meu neto xa me sei as lerias todas!

Hai un vilagarcián ata na lúa

Te puede interesar