Hai que vivir a cultura

DISQUE REVENIDAS foi todo un éxito este ano. Sempre o é, que a min mira que me “justa” ir comer sardiñas a Vilaxoán, pero os números desta edición marean. Foron milleiros as persoas que se pasaron por alí na anterior fin de semana, non só pola comida, que música había bastante.
Sabedes tamén a quen vin? A Xosé Leal, o que leva os asuntos de Cultura na “nova Diputasión”. Pero ía de paisano, eh? Quero dicir que non o vin como van moitas “veses” os políticos nosos ás presentacións ou “inaujurasións”, de visita institucional creo que se di. Pois non.
Estaba a desfrutar do festival, digo eu que igual tamén botando ollo aos grupos para ver cal vale a pena levar a outro “munisipio”, “aljo” así como os “oxeadores” no fútbol. Non sei.
Onte tamén foi outro deputado, o de Vilanova, Javier Dios, e máis os do Concello, ao peche dun curso para aprender a facer cócteles, sen alcol. Non sei se puxeron copas ou non, pero se si, aí si que non me importaría a min nada ir eu de visita institucional desas, que coa calor que trouxeron as tronadas, unha bebida ben fresquiña e por riba sana, entra ben a calquera hora e éche ben dixestiva.

Hai que vivir a cultura

Te puede interesar