Rajoy é o que máis bule pola Ruta da Pedra e da Auga

VAIA CALOR QUE VAI ESTES DÍAS e co apurada que ando eu sempre para ir dun lado para outro hai que estar en moi boa forma. Esta fin de semana hei de ir percorrer a Ruta da Pedra e da Auga como facía Rajoy co seu amijo chovera ou ventara. Por certo, contoume Aurora, unha curmá lonxana que teño na Armenteira, que onte estivo por alí o alcalde, José Luis Pérez, e o deputado Santos Héctor para visitar o albergue de peregrinos e a conversa deles foi en saber quen facía esa ruta máis rápido e o alcalde, claro, botoulle flores a Rajoy de tanto que bule polos camiños. Outra cousa, aos que lle juste o baloncesto poden ir ao Grove, porque o alcalde está a poñer canastas por todo o pobo.

Rajoy é o que máis bule pola Ruta da Pedra e da Auga

Te puede interesar