ÉBOLA, “PROTOCOLO” DA SRA. MATO

Segundo denuncian traballadores da sanidade, o contaxio polo ébola da enfermeira revela que o “protocolo” de seguridade era chapuceiro, soamente cun “cursillo exprés” de 15 minutos arraxaron o problema. Lendo os xornais de Europa, dan gañas de coller as maletas e fuxir deste país botando labras.  Cando onte souben esta nova, estaba abraiado , pero ao escoitar na roda de prensa a estes personaxes coa “competente” ministra Mato ao fronte, asustoume e aterrorizoume. ¿Como pode  chamar á calma unha señora que xera inseguridade pola súa determinación de cargarse a sanidade pública e a súa incapacidade para o cargo?. Un personaxe como esta ministra que segue desmantelando a sanidade pública para darlla aos amiguetes da privada, non ten credibilidade ningunha, Esta é outra mostra da incompetencia desta “tropa do demo”que nos goberna.  ¿ Vai ti a saber se o “protocolo” fíxollo  a Virxe do Rocío?. Gobérnannos inútiles patolóxicos, profesionais da mediocridade, do enchufismo, vendedores do sistema. Esta podremia que nos rodea, nesta tela de araña, inmensamente grande, atopámonos atrapados todos os cidadáns e dentro de pouco imos ter que facer como os trapecistas a saltar sen rede. Gobérnannos cobizosos e dogmáticos que lévannos como un rabaño de ovellas hipnotizadas ao matadoiro. De nada lles valeu co Prestige, con o Yak 42 e o 11 M. Non aprenderon nada. Segue primando a comunicación dos medios afíns, sobre a capacidade e a responsabilidade, crendo que a boa xente do común, trágase todo o que lle boten. Coido que seguen os principios da propaganda de Joseph Goebbels, que avalan a máxima de que as masas son estúpidas. Entre tanta pandemia da podremia  nestes tres últimos anos, que sae un día si e outro tamén (a última o das “tarxetas blak”), xa tiña que estar en corentena todo o goberno.

ÉBOLA, “PROTOCOLO” DA SRA. MATO

Te puede interesar