“A lonxa precisa unha reforma e unha ampliación inmediata”

“A lonxa precisa unha reforma e unha ampliación inmediata”
Diario de Arousa-2014-06-26-008-d45d5efd

Leva dezaoito anos en contacto coa Confraría do Grove desempeñando distintos cargos, pero é a primeira vez que opta ao cargo de patrón. Entre os seus proxectos estrela atópase a ampliación e mellora da lonxa e que cre que é preciso unha democratización da confraría.

Por qué se presenta a estas eleccións?
Penso que é necesario seguir aguantando a facturación e os bos datos económico e ir solucionando os problemas que vaian xurdindo. Creo que a única maneira de facelo é a través da unión do sector. Son consciente de que se trata dunha gran responsabilidade.
Se o sábado sae elexido patrón maior, cal é o seu plan máis inmediato?
A lonxa precisa unha reforma e ampliación inmediata. Xa estamos en contacto coa Xunta para que se inicien esta mellora.  Tamén lograr que a Confraría siga sen perdas e manter o actual plantel de traballadores.

É a súa unha candidatura continuísta?
Para nada. Eu fun un dos máis críticos coa xestión de Paco (o anterior patrón). Creo que é preciso unha democratización da confraría e que os socios teñan máis voz na toma de decisións. Non se pode volver a permitir o que pasou co anterior contable da confraría.

Quenes conforman a súa candidatura?
Xente de tódolos oficios. Hai un amplo abano representado porque cremos que é importante que haxa xente de todo os sectores.

Que opina da candidatura liderada por José Luis Barreiro?
A candidatura está ben. Son compañeiros. O problema é quen está detrás. Esa foi precisamente unha das razóns pola que me presentei para que non volvese a entrar a anterior secretaria da confraría. Dende que non está hai un mellor ambiente e unha maior transparencia. Creo que nesa candidatura non vai a gobernar a xunta xeral e o cabildo senón esa persoa.

Percibe o apoio dos socios?
Nótase que hai unha boa sintonía coa xente. A decisión tomarana o sábado, e o compañerismo nestes momentos é total.

“A lonxa precisa unha reforma e unha ampliación inmediata”

Te puede interesar