“É importante que os nenos se dean conta de que se non cumpren as normas perxudican a outros”

“É importante que os nenos se dean conta de que se non cumpren as normas perxudican a outros”
Diario de Arousa-2015-10-04-017-2eb06711_1

Dende hai tres anos o policía local Abelardo Martínez da vida ao “poli Paco” un boneco que ensina aos rapaces do municipio Seguridade Vial dunha forma práctica e moi divertida. Un traballo polo que xa leva dous premios, un de Racer e unha medalla dos Premios Fesvial.

Leva xa varios anos impartindo clases de Seguridade Vial nos centros educativos de Sanxenxo, pero como xurde o poli Paco?
Queriamos darlle un aire novo as clases, captar a atención dos máis pequenos con algo divertido. Xunto co meu compañeiro, Manuel Martínez, pensamos en facer títeres, pero era preciso conseguir o boneco. Non queriamos un animal, queriamos un boneco ao que poder vestir de policía e aquí entrou en xogo Juan Juste que foi quen creou o boneco e logo a máscara que me poño cando saio a bailar cos nenos.

E a idea funcionou.
O primeiro colexio no que se presentou o “Poli Paco” foi no Abrente e os nenos quedaron encantados. Aquí era aínda só títere, pero no colexio de Nantes, durante o momento do circuito, unha nena preguntoume se o Poli Paco non ía a participar. Nese momento, dinme conta de que era preciso idear algo. Outra vez recurrín a Juan Juste e así foi como o Poli Paco saíu a escena. Foi en Cantabria durante un congreso de seguridade vial.

Pero dende entón a familia do Poli Paco medrou, non?
Por unha cuestión de igualdade creamos a “Poli Lola”, e logo pola importancia que ten a figura dos avós na familia creamos o “Avó Nicolás” co que lle fomentamos o respeto as persoas maiores e o mesmo tempo incidimos na mensaxe do uso de chalecos reflectantes para que eles lla trasladen. Agora tamén temos a cara ovo, un ovo que sempre leva casco para non escachar. 

Cales son os principais obxectivos do programa de seguridad vial nos colexios?
Nas clases teóricas máis que ensinarlle os sinais, recalcamos moito a colocación do cinturón, que hai que ir sentado na cadeira do coche ou que hai que sair pola parte da beirarrúa para evitar accidentes. É importante que os nenos se dean conta de que se non respetan as normas poden perxudicar a outros e neste punto resulta clave o circuito de bicis. Se un non respeta as normas de tráfico causará un accidente e así é na vida real.

O programa tamén inclúe roteiros polo municipio?
Si, cando o tempo o permite levamos aos rapaces polas distintas partes do municipio ou parroquia. É importante que os nenos coñezan ao froiteiro, ao libreiro, as pescantinas da praza... Iso é algo que se está perdendo e é moi importante. Se nun momento dado ese nenos se perde, se coñece, saberá a onde pode acudir.

Que é o máis gratificante para vostede do seu traballo nos centros educativos?
A ilusión e o cariño que recibo dos nenos. O Poli Paco é máis que un personaxe, é un amigo co que ademais de pasalo ben aprendes cousas. Leva moito traballo e moitas horas de preparación, pero cando chegamos a un ceolexio é vemos os pequenos tan ilusionados pois .... Neste traballo, o meu compañeiro Manuel Martínez é clave.

“É importante que os nenos se dean conta de que se non cumpren as normas perxudican a outros”

Te puede interesar