Galicia rende homenaxe ás cantareiras, elo que une tradición e modernidade

O Día das Letras Galegas recoñece a aquelas mulleres que salvagardaron as bases da cultura popular
Galicia rende homenaxe  ás cantareiras, elo que une tradición e modernidade
Adolfina Casás Rama, fotografada pola musicóloga Dorothé Schubarth | ep

A Real Academia Galega (RAG) dedica este ano o Día das Letras Galegas ás cantareiras, á poesía popular galega; ao elo que une tradición e modernidade. Unha candidatura coral, explican as voces consultadas, nacida da sociedade e que supón recoñecer o labor, “a miúdo anónima e invisible”, de centos de mulleres que durante décadas se afanaron en transmitir o folclore.


A académica Ana Boullón, unha das responsables de impulsar a candidatura, reivindica a pertinencia de recoñecer o seu papel na transmisión da cultura. “É unha cuestión de xustiza”. Sacalas da clandestinidade non foi fácil. “Unha das características da poesía popular é o anonimato. Estas mulleres non eran coñecidas máis aló dos límites das súas aldeas porque non tiñan ningunha pretensión”, explica a académica.


Para chegar a personificar o recoñecemento, os responsables da iniciativa servíronse do Cancioneiro popular, un traballo de investigación realizado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o lingüista Antón Santamarina entre 1978 e 1983 que acabou converténdose na máis ampla recompilación de cantares.


Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes este catro das Pandeireteiras de Mens, en Malpica, foron informantes desta investigación, xunto con outras 592 cantareiras.


Schubarth rememora Santamarina, percorreu durante anos a xeografía galega –case sempre en autobús e algunhas veces acompañada por colegas que a achegaban ás parroquias que quería visitar nos seus coches particulares– para solicitar cantigas que o filólogo lle axudaba a transcribir.


“Foron 82 concellos, 190 parroquias e 239 lugares que deron lugar a sete volumes con 10 tomos e 2.940 páxinas de cultura tradicional”, relata. Un traballo que non concluíu coa publicación do cancionero, senón que se estendeu durante case 17 anos con diferentes achegas.


Isto fai que, recoñece Santamarina, non haxa un cancionero hispánico de este calibre. Presenta ademais outra característica que o fai singular: o acceso as gravacións.


Tal e como explica o filólogo, as iniciativas anteriores que viran a luz –a principios de século e durante a república, entre outras– non contaban con gravacións de audio. Este si permite consultar a partitura, a letra e escoitar o audio do informante. Isto fai que moitas artistas actuais o revisen e o utilicen como inspiración para as súas propias obras, apunta.


Unha das casas que visitou Schubarth foi a de Adolfina e Rosa Casás, en Cerceda. “No momento non lle deron importancia. De feito, facíalles graza que algo tan pedestre puidese interesarlle a alguén preparado como Dorothé”, rememora Richi Casás, neto e sobriño neto das cantareiras.


Naquel momento, Richi tiña tres anos e non o lembra vívamente, pero si recoñece que é algo que, co paso do tempo, foise falando máis e máis na súa casa. “Apreciárono anos despois, cando se deron conta de que o cancionero era a única fonte de transmisión deste coñecemento e que elas estaban aí”, sinala.


Esa aceptación foi paulatina e a ela axudaron grupos como Fuxan vos Ventos ou Leilía. “Cando empezaron a ver na televisión a grupos, a outras pandereteiras, que facían o que elas facían na aldea, aí empezaron a darse conta e se enorgullecieron. Desvelaron esa faceta oculta das avoas”, chancea Richi.


A este orgullo contribuíu tamén que el mesmo seguise a tradición familiar. “Eu tocaba jazz e empecei a tocar e cantar música popular. Para elas foi coma se unha árbore que xa estaba seco empezase a reverdecer. Era algo que xa non esperaban que sucedese. Pensaban que serían a última xeración”, comenta. 

Galicia rende homenaxe ás cantareiras, elo que une tradición e modernidade

Te puede interesar