O espectáculo de Peter Punk en Aguiño polas Letras Galegas rexistrou un cheo na Aula de Música

O espectáculo de Peter Punk en Aguiño polas Letras Galegas rexistrou un cheo na Aula de Música
O salón de actos da Aula de Música de Aguiño estivo ateigado de rapaces para presenciar o espectáculo de Peter Punk

O éxito acompañou á asociación Francisco Lorenzo Mariño, de Aguiño, no desenvolvemento das actividades infantís que programou para este miércoles con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, e que se enmarcou dentro do Maio Cultural do Concello de Ribeira. O evento comenzou en torno ás catro e media da tarde e contou con inchables, refrescos e bebidas gratuítas para os cativos na zona axardinada e no parque que hai na parte posterior do edificio da Aula de Música da parroquia. Desde as cinco da tarde desenvolveuse unha xornada de dibujo infantil no propio local e houbo regalos conmemorativos para todos os nenos participantes.

 

E houbo un sorteo de varios lotes de libros en galego de temática infantil que se celebrou minutos antes do prato forte da xornada, que chegou co espectáculo clown "Peor imposible" a cargo de Peter Punk, na que este coñecido paiaso combinou humor, malabares, números circenses e moita retranca gallega, e que rexistrou un cheo absoluto no patio de butacas. Ademais, a entidade promotora destas actividades tamén realizou unha xornada de portas abertas na biblioteca popular Francisco Lorenzo Mariño para que os asistentes puidesen consultar os libros do catálogo e levasen en préstamo algúns dos máis de 3.000 exemplares que compoñen a súa oferta literaria.

 

PSX 20230517 234839
 
PSX 20230517 235003
 
PSX 20230517 235415
 
PSX 20230517 234917
 
IMG 20230517 WA0026
 
IMG 20230517 WA0025
 
IMG 20230517 WA0023
 
IMG 20230517 WA0030
 
PSX 20230517 235102
 
PSX 20230517 235030
 
PSX 20230517 234943
 

O espectáculo de Peter Punk en Aguiño polas Letras Galegas rexistrou un cheo na Aula de Música

Te puede interesar