O PSOE de Ribeira rexeita a "privatización encuberta" do parking do Centenario aprobada por PP e BNG

O PSOE de Ribeira rexeita a "privatización encuberta" do parking do Centenario aprobada por PP e BNG

O PSdeG-PSOE de Ribeira ven de expresar o seu rexeitamento ao que denomina como "privatización encuberta" do aparcadoiro subterráneo da Praza do Centenario, que foi aprobada cos votos do PP e o BNG no pleno extraordinario da corporación municipal celebrado no mediodía deste martes. O candidato socialista á Alcaldía de Riberia, Francisco Suárez-Puerta Colomer, denuncia a privatización que supón o novo contrato de servizos para dito parking, e reivindica que a súa xestión "debe ser municipal integramente". 

 

"Isto vai supoñer que o Concello asuma os gastos e unha empresa asuma os beneficios sen afrontar risco ningún”, sinala Suárez-Puerta. Así, segundo sinala o alcaldable do partido do puño e a rosa "o acceso aos postos de traballo vai ser potestade dunha empresa privada, saltándose o procedemento de contratación do sector público. O PSOE oponse totalmente a esta medida", recalca. "Ademais, o feito de celebrar un pleno extraordinario por este motivo en plena campaña electoral é, canto menos, sorprendente”, concluíu o candidato socialista.

O PSOE de Ribeira rexeita a "privatización encuberta" do parking do Centenario aprobada por PP e BNG

Te puede interesar