Ribeira rechaza la centralización en Santiago de las cuestiones judiciales sobre violencia de género

Ribeira rechaza la centralización en Santiago de las cuestiones judiciales sobre violencia de género
La Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Ribeira se reunió este mediodía en la sala de junta del consistorio municipal de la capital barbanzana I Chechu Río

La sala de juntas del consistorio municipal de la capital barbanzana albergó este mediodía una reunión de la Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Ribeira. Este encuentro incluyó como principal y único punto del orden del dia abordar, por petición de la delegación del Colexio de Avogados da Coruña en el partido judicial ribeirense, la propuesta conjunta de la Xunta de Galicia y el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que fue elevada al Consejo General del Poder Judicial y al Ministerio de Justicia, para la creación de un juzgado especial sobre violencia de género con sede en Santiago de Compostela y competencia territorial extendida al partido judicial de Ribeira, para su consideración, teniendo en cuenta "o grave prexuizo que, a xuízo dos xuristas da zona esta decisión poderá supoñer para todas as partes implicadas, especialmente as vítimas de violencia de xénero".

 

Dicha mesa, en la que todos los presentes expresaron su apoyo a los letrados impulsores de dicha petición, estuvo presidida por la concejala de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Barreiro, y contó con la participación de representantes la referida entidad colegiada, del Hospital do Barbanza, del centro de salud de Ribeira, de la Unidad de Atención a la Familia y Mujer (UFAM) de la comisaria de la Policía Nacional, de la Policía Local, de los Servizos Sociais Comunitarios, del Centro de Información á Muller (CIM), de la Unidad Asistencial de Drogodepenencias (UAD) y de la Subdelegación del Gobierno. La referida edila dio lectura a la declaración institucional elaborada por la delegación ribeirense del Colexio de Avogados y que rea de este modo:

 

"A delegación do Colexio de Avogados da Coruña no Partido Xudicial de Ribeira, diante da proposta conxunta da Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, elevada ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Ministerio de Xustiza, e relativa á creación dun xulgado especial sobre violencia de xénero con sede en Santiago de Compostela e competencia territorial estendida ao partido xudicial de Ribeira, estima que a derivación da competencia xurisdicional en materia de violencia de xénero, actualmente atribuída ao Xulgado Mixto Nº3 de Ribeira, ao órgano que se propón en Santiago de Compostela constitúe un grave prexuízo para a tutela efectiva das vítimas de violencia de xénero do Partido Xudicial de Ribeira, así como para os dereitos dos investigados por violencia de xénero, e ocasiona a uns e outros evidentes prexuízos que non resultan en absoluto xustificado.

 

Ten que destacarse que nos tres municipios (Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) que compoñen o partido xudicial, levase a cabo unha importante actividade empresarial, ata o punto de que ten un dos niveis máis baixos de paro de toda Galicia, chegando a facturar as cen empresas máis importantes da zona a suma de 2.428 millóns de Euros, no ano 2021 (primeiro ano tras a pandemia) ao que hai que engadir un importante sector de hostalería e comercio. A forza económica e poboacional do partido xudicial ten o seu reflexo na administración, e así existe unha delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria e outra da Consellería de Pesca en Ribeira, oficinas do ISM en Pobra e Ribeira, un INSS en Ribeira, un hospital comarcal e outros organismos públicos que prestan servizo directo aos cidadáns e entre eles, os tres xulgados de primeira instancia e instrución.

 

É o Xulgado Número 3 o que conta coa especialidade de violencia de xénero, dándose cumprimento ao artigo 15 bis da LECRim, que fixa a competencia territorial para a instrución e coñecemento dos delitos que corresponden ao xuíz de violencia sobre a muller o do lugar do domicilio da vítima, artigo introducido polo artigo 59 da L.O. 1/2004 do 28 de decembro de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, con vixencia pacifica desde xuño de 2005.

 

Este partido xudicial conta cunha importante infraestrutura de protección ás vítimas de violencia de xénero, que a nivel xudicial concrétase na asignación de dous fiscais (un deles adscrito ao propio Xulgado Número 3), ademais dun oficial de fiscalía que axuda administrativamente a esta sección dependente da Fiscalía de Santiago. Igualmente, ten adscrito un forense e a súa actual xuíza titular ten formación neste ámbito. Hai que destacar que contamos en Ribeira cun dos oito puntos de encontro familiar que actualmente existen en Galicia, xestionado pola organización sen ánimo de lucro Meniños, con base nun convenio subscrito pola Xunta de Galicia.

 

Nos tres municipios existe un centro de información á muller, e periodicamente convócase unha Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que participa a Administración Local, o CIM, as forzas e corpos de seguridade do Estado, representantes de Sanidade e de centros vinculados con actuacións a vítimas de violencia de xénero e, por suposto, esta delegación de avogados, que leva asistindo ás mesmas desde a súa creación no ano 2021.

 

Engadir que os avogados da quenda de oficio do partido xudicial contan con formación continuada no ámbito da violencia de xénero e instaurouse unha quenda específica e presencial para a súa atención, de tal maneira que reciben unha asistencia xurídica inmediata, especializada e de calidade. Coa actual infraestrutura conséguese solucionar adecuadamente as necesidades das vítimas de violencia de xénero en todas as ordes, e conleva que no ano 2022 háxanse resolvido o 94% dos asuntos ingresados por violencia de xénero.

 

A creación do xulgado exclusivo en Santiago de Compostela con competencia territorial no partido xudicial de Ribeira supón un retroceso na protección das vítimas especialmente vulnerables como o son as de violencia de xénero, con domicilio neste partido. Un único xuíz tería que asumir a investigación de todos os delitos denunciados por vítimas de violencia de xénero das indicadas poboacións (malos tratos, inxurias, lesións, violencia habitual, quebrantamentos, …) pero tamén a deriva civil: divorcios, gardas e custodia de menores, modificacións de medidas, liquidación de sociedade de lucrativas, execucións, … de catro partidos xudiciais, e farao en horario de mañá ata as 14.00 horas, xa que non asumirá funcións de garda. O xulgado exclusivo (e único) con sede en Santiago tería un ámbito competencial estendido a unha poboación total de 193.377 habitantes, dos cales 101.495 serían mulleres, con domicilios en Negreira, Santiago, Padrón, Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira. Sería un xulgado destinado inexorablemente ao colapso".

Ribeira rechaza la centralización en Santiago de las cuestiones judiciales sobre violencia de género

Te puede interesar