Ainhoa Fervenza | “Gustaríanos poñer en marcha un viveiro de empresas no polígono para axudar aos emprendedores”

Ainhoa Fervenza | “Gustaríanos poñer en marcha un viveiro de empresas no polígono para axudar aos emprendedores”
Ainhoa Fervenza, candidata socialista á Alcaldía de Sanxenxo | d.a.

Ainhoa Fervenza (Guipuzcoa, 1972) concurrirá as vindeiras eleccións municipais como candidata do Partido Socialista. Tras un mandato duro para agrupación local no que chegou a perder a única representante na Corporación, Fervenza abandeira a “rexeneración” cun equipo “forte” para ser a “alternativa natural” na Alcaldía de Sanxenxo. “Estamos encantados de que volva a xente a nosa sede e de poder escoitalos”, apunta.

Carece de experiencia na primeira liña da política, pero que cre que pode aportar a Sanxenxo?
Podo aportar frescura e moitas gañas. Son unha persoa moi enerxética e de moita acción. Cando me marco un obxectivo acabo cumplindoo podo tardar máis ou menos, pero acabo conseguindoo e conto cun gran equipo. Somos neste momento o referente para outros partidos da esquerda que sabe que imos a ser a peza angular nas vindeiras eleccións.Pero, sen dúbida, o que me levou a dar este paso foi tentar conseguir recuperar o concello para os veciños.

Tócalle o reto nun momento dulce para o PSOE e cuns resultados moi bos a nivel nacional. Anima o contexto?
Si. Son optimista, pero tamén prudente. Creo que axuda a que o sentimento xeral sexa que somos a alternativa natural. Temos que aproveitar este tirón e aunar a forza da esquerda. Nos últimos anoa tanto a nivel local como nacional vivíronse momentos complicados e delicados, pero saimos revitalizados.

Cales son as liñas básicas do seu programa electoral?
Propoñemos un proxecto transparente e participativo no que os veciños poidan estar informados das obras que se vaian a facer no seu municipio como está a ocorrer coa reforma de Progreso. Pero tamén comprometemos boa xestión para os veciños porque son os cimientos de Sanxenxo. É preciso limpar a casa porque nestes momentos o Concello volve a estar endeudado e cunha xestión opaca e caciquil. Iso hai que erradicalo

Teñen algún proxecto estrela para Sanxenxo?
Non podemos falar aínda de proxectos grandes porque non sabemos como está o Concello, pero a nosa intención no eido ultural é revitalizar o turismo estacional cunha festa adicada a Emilia Pardo Bazán; queremos revitalizar Portonovo cun museo etnográfico na zona alta e recuperar os sendeiros de Dorrón e Fabaíños e potenciar os que xa temos. Queremos encher de contido o Pazo de Quintáns para que sexa un referente.

Preocúpalle ao PSOE a estacionalidade do emprego en Sanxenxo?
O PSOE ten previsto poñer en marcha, se é posible porque carecemos de información económica do Concello, unha nave que sirva como viveiro de empresas no polígono de Nantes. A idea é impulsar dende o Concello de Sanxenxo os proxectos de veciños sempre e cando se estude a súa viabilidade. Hai moitas ideas, pero non todas son boas.

Cal sería a primeira medida que tomaría se chegase a Alcaldía de Sanxenxo?
É moi difícil falar agora desa decisión porque non teño datos. O que está claro é que deixariamos o verán cuberto: Seguridade, limpeza e praias. E logo con máis calma o meu equipo e mais eu analizariamos as necesidades reais que ten Sanxenxo. Creo que nestes momentos se está a ocultar a realidade do concello con ideas disparatadas. É preciso deixar de endeudar ao Concello e tomar decisións que no perxudiquen ao peto dos veciños.

Márcase algunha liña vermella ante un posible pacto de goberno tras o 26-M?
As liñas vermellas son calquera pacto con formacións antinatura coa formación socialista. Temos un PP co que sería dificil formar un goberno, respecto ao resto das forzas políticas só podo dicir que eu respeto as persoas que se autorespeten así mesmos e que non se venden e que non van a por postos de traballo.

Ainhoa Fervenza | “Gustaríanos poñer en marcha un viveiro de empresas no polígono para axudar aos emprendedores”

Te puede interesar