O nacionalista Manuel Suárez aspira á Alcaldía para que A Illa recupere “o impulso e a ilusión”

O nacionalista Manuel Suárez aspira á Alcaldía para que A Illa recupere “o impulso e a ilusión”
Presentación del nuevo candidato del BNG a la Alcaldía de A Illa | Mónica Ferreirós

O BNG da Illa de Arousa ten novo candidato para as próximas eleccións municipais. Todo apuntaba a que mantería a súa aposta por David Mochales, dada a súa xuventude e a disposición demostrada nestes catro anos, pero o propio voceiro declarou que “non podía asumir esta responsabilidade” debido a que “novos retos persoais e profesionais” o manterán fóra do municipio, así que plantexou á asamblea local un relevo que se materializou no isleño Manuel Suárez.

 

Regreso tras 17 anos

O nacionalista ostenta o posto de responsable local da formación dende o ano 2021, cando regresou a súa vila natal tras 17 anos destinado en Tenerife. Funcionario de profesión, a pesar da distancia “nunca se desvinculou da realidade do concello” nin da organización, na que milita dende hai moitos anos. Ademais onte destacou a súa pertenza á comisión municipal que conseguiu a segregación de Vilanova de Arousa e, de feito, cre que “todo ese impulso e ilusión co que arrancamos como concello independente hai 25 anos, foise perdendo”. 


Suárez, de 52 anos, considera que A Illa ten “potencialidades e oportunidades” que está perdendo porque esa anhelado autonomía converteuse nun Concello que funciona como unha “asesoría onde ir pagar o IBI e pedir cousas”, cando “ten que ser o patrón deste pobo e transformalo para que sexa o que merece ser e un lugar onde a xente poida vivir e prosperar”. De feito,  puxo o acento na situación de mozos como o seu antecesor. O propio Mochales queixouse onte –como xa ten feito noutras moitas ocasións– de que a mocidade ten dificultades en canto a oportunidades laborais e de acceso a unha vivenda. 
Para o alcaldable, a administración socialista “é unha máquina de expulsar veciños” e, aínda que “é evidente que fixo cousas boas”, nota unha “falta de impulso e desidia e nin o PP nin o PSOE teñen o proxecto, as ganas e a ilusión”, sentenciou.

 

Peso feminino na lista

Os nacionalistas aseguran que son a “única alternativa” para levar a cabo ese “cambio” y para conseguilo, o candidato concurrirá ás próximas eleccións do 28-M cun equipo que xa está buscando entre profesionais de diferentes áreas e ámbitos locais e que terá unha presenza “maioritaria” de mulleres, porque “a forza da muller da Arousa é imprescindible”. 


Unha delas acompañouno onte na súa presentación: Laura Castro, que xa foi voceira do grupo municipal no “impasse” entre a saída de Carlos Otero e a chegada do actual concelleiro na Corporación, no 2019, que, a pesar de que estará fóra, tamén irá na lista, aínda que non en postos  de saída. 


O Bloque está convencido de que ten ao próximo alcalde da Illa de Arousa porque ten un “candidato con solidez e solvencia”, sinalou a deputada Montse Prado, pero tamén polo traballo feito nestes catro anos na oposición nos que Suárez tamén “foi unha peza clave” e nos que se convertiron “na primeira forza da oposición”, apuntou Mochales. A cambadesa tamén tivo verbas de recoñecmento para el e o resto do equipo isleño porque fixeron “fixo un traballo meritorio, de escoita dos veciños para dar resposta aos seus problemas”.


O alcaldable tamén estivo arroupado onte polo  responsable comarcal da formación na comarca do Salnés, Manuel Domínguez.

O nacionalista Manuel Suárez aspira á Alcaldía para que A Illa recupere “o impulso e a ilusión”

Te puede interesar