Quince nomes do BNG do Salnés para conmemorar 40 anos “ao servizo de Galiza”

Quince nomes do BNG do  Salnés para conmemorar 40 anos “ao servizo de Galiza”
O BNG do Salnés homenaxeou a militantes históricos da comarca I Mónica Ferreirós

O BNG conmemora este ano o seu 40 aniversario e tras un acto principal celebrado o pasado setembro, no mesmo día e lugar onde naceu, o coruñés frontón de Riazor, está festexándoo nas diferentes comarcas. Onte tocoulle ao Salnés coa homenaxe a 15 militantes históricos que co seu compromiso e traballo levaron á formación ao lugar que ocupa hoxe.

 

Un zoco simbólico

Os actos tiveron lugar no salón de Peña de Cambados e os nomes propios da xornada foron: Albino Caneda (Sanxenxo); Óscar Fariña, Adela Leiro, Mon Daporta, Pastora Pillado, Xoán Antonio Pillado –estivo no primeiro consello nacional–, Xose Henrique García e Duarte Correa (Cambados); Raúl González, Rosa Abuín e Xoán Xosé Bouzas, Tupi, (Vilagarcía) e Rosa Domínguez, Alfredo Fernández e Xosé Manuel Pérez Dadín (O Grove). Precisamente este grovense interviu no nome de todos eles, que recibieron diversos agasallos conmemorativos e un moi especial e sorpresa: un zoco de ferro simbolizando o seu apego á terra  a través deste proxecto político. O voceiro municipal e candidato cambadés, Liso González, explicou que nestas persoas queren “reflectir tamén aos simpatizantes e colaboradores de todos estes anos, amosar o valor que teñen para nós. Somos unha organización de base”.

BNG Aniversario Cambados
Asistentes ao acto celebrado polo BNG do Salnés no salón Peña de Cambados

 

González foi un dos participantes que interveu xunto á deputada no Parlamento Galego e membro do Consello Nacional, Montse Prado, así como Manuel Anxo Fernández Baz, que presentou o libro “40 anos ao servizo de Galiza. BNG. 1982-2022”. A publicación recolle os acontecementos máis destacados da formación nacionalista e inclúe máis de 400 fotografías, algunhas delas inéditas. 

Quince nomes do BNG do Salnés para conmemorar 40 anos “ao servizo de Galiza”

Te puede interesar