Ir a lonxa cos cartos doutros

Nunca son quen de acadar un prezo mellor ca miña nai cando merco pola sistema do regateo. Sempre teño a sensación de que Aida conseguiría mellor prezo nas fanecas, os xurelos ou incluso nos bogavantes. Pero aínda mellor que a miña nai era a súa. A miña aboa era unha artista desta nobre arte de relear.

Cando no se sabe é mellor non meterse, nunca esquecerei aquel día que tan feliz cheguei a miña casa con aquela ducia de nécoras a bo prezo e con unha de regalo. Ao chegar a cociña eran once.

Se un non sabe regaterar ou negociar, non pasa nada. Sempre que o fagas cos teus cartos, pois algún día pode soar a flauta e sacar uns lorchos estupendos a bo prezo. O problema é cando xogas ao regateo cos cartos dos demais.

Así, cos cartos de todos, o mal negociante Alberto Varela vai pagar tres millóns de euros de todas e todos a autoridade portuaria por uns terreos. Uns para o centro de saúde e outros aínda non se sabe para que. En todo caso vai pagar por algo que xa estaba pago, que xa era de todos. Decía este negociante municipal que non se podía facer outra cousa. Pero esta mesma semana chegou a Guardia Civil e conseguiu a cesión gratuita do Porto de Vilagarcía dun inmoble que necesita para os seus menesteres. Négome a pensar que a benemérita saiba negociar mellor que un alcalde de Vilagarcía. Pero o alcalde parece non saber ou pode pasar que os cartos lle dan igual porque non son del. Manolete, Manolete.

Ir a lonxa cos cartos doutros

Te puede interesar