Máis recursos para os servizos sociais e os CIM

Máis recursos para os servizos sociais e os CIM

Nun día coma hoxe, queremos por de manifesto a dificultade real que supón ser muller nunha sociedade que aínda non ten equiparados os roles de homes e mulleres e na que dende logo estamos lonxe de vivir unha situación igualitaria plena. Nós, como asociación de mulleres vítimas de violencia, sufrimos as diferenzas dunha maneira máis notoria, comprobando como ás mulleres que viven nesta situación onde se fai máis patente a necesidade de poder conciliar para saír adiante, na maioría dos casos con cargas familiares, con situación ecónomicas e socialmente mermadas, o camiño laboral e social resúltalles aínda máis costa arriba.


As mulleres en xeral ocupamos menos postos directivos, cobramos menos polo mesmo traballo e cargamos co peso do coidado da familia, somos o 49,50 por cento da poboación mundial e seguimos pedindo e reclamando os mesmos dereitos que fai 50 anos e cumprindo cos mesmos deberes. Pois enriba disto poñámoslle a carga a todos os niveis de estar superando unha situación de violencia, co difícil que resulta no persoal a todos os niveis, con procesos xudiciais abertos, moitas veces vivindo e mirando continuamente atrás…


Este día da Muller Traballadora queremos poñer o foco na lentitude das institucións gubernamentais (xulgados, servicios sociais, CIM e un largo etc…) para amparar, protexer e asesorar ás mulleres que quedan en situación de extrema vulneravilidade nos casos de violencia de xénero e para facilitar o retorno á normalidade (relativa, esas marcas nunca curan de todo) desas vítimas.


Con este manifesto queremos reclamar cousas tan básicas como que os xulgados sexan máis áxiles en resolver  situacións coma xuizos por intento de homicidio, impago de pensións, ordes de afastamento, custodia dos fillos e un sinfín de situacións que sofrimos as mulleres que somos vítimas dos nosos compañeiros de vida primeiro, pero vítimas da burocracia despois, que non acaba de entender que a rapidez nos procesos legais é imprescindible para que os procesos sociais avancen tamén con fluidez e permitan que as vítimas, directas e indirectas, poidan recuperar as súas vidas no menor tempo posible.


Queremos tamén reclamar máis recursos para os servicios sociais e os CIM, ferramentas imprescindibles para as vítimas, que precisan deses recursos e de formación específica para todas as profesionais e en todos os aspectos, dende os sociais aos legais.


E por último pero non menos importante: necesitamos empatía. Non somos nin unha moda nin unha campaña política. Somos vítimas dunha violencia feroz perpetrada polos que se supoñía nos querían e amaban. E se queremos, e por suposto queremos, recuperar a normalidade nas nosas vidas, as institucións e as profesionais teñen que estar a altura do problema.

Máis recursos para os servizos sociais e os CIM

Te puede interesar