O poder do

Conta un veterano político galego que a súa primeira experiencia activa nunhas eleccións foi presentarse as municipais do seu pobo. Vivía nun deses puntos do interior galego que ían perdendo pulo e habitantes pouco a pouco, pero no que sempre gobernaba a dereita cun alcalde que levaba máis dunha década alí. E que viña dende o franquismo. Ninguén andaba de todo contento, pero a verdade é que enfrente sucedíase xente de boa vontade pero que non conseguían gañar e que, pola falta de oportunidades de vida na zona, acababan marchando de alí.


A este noso protagonista caeulle a responsabilidade de presentarse á alcaldía sendo moi novo. Aínda inexperto pero moi tenaz, puxo todo o esforzo en convencer un por un de que era posible un cambio que moitos quererían pero non crían posible. Tanta ilusión lle puxo que acabou convencido de ganar.


O día das eleccións chegaron os resultados. Creo lembrar a cifra que contou e paréceme que acerto se digo que foi 752 a 751. Perdeu por un voto.


Un par de días despois atopou un matrimonio de amigos na rúa que o pararon desconsolados. Convencidos de que nada se podía facer por gañar, o día das eleccións marcharon a pasar o domingo fora e non se preocuparon de chegar a tempo para votar. Eran 2 votos que terían cambiado todo.


Aquel político tenaz e astuto creceu e chegou lonxe, terminando por ser un hábil e influínte estratega na primeira liña. Se cadra valiulle moito aquel aprendizaxe en carne propia.


Se acaso alguén pensa que todo está resolto antes dunhas eleccións e non vai cambiar nada, que pense na cantidade de cousas que pode cambiar un solo voto. É o maior poder que temos. E telo ti, na man, a semana que ven, para cambiar Galicia. Ti decides. Se ti votas, todo pode ir a mellor. Desta, vai.

O poder do

Te puede interesar