Por que o PSdeG perde as autonómicas?

Os constantes fracasos electorais dos candidatos do PSdeG ás eleccións autonómicas contrastan cos bos resultados nas eleccións xerais. As ambicións persoais fan mella no electorado.


Como proba, aí están os datos para concluir que os sucesivos fracasos electorais son culpa dos líos internos chegando á opinión pública desmoralizando a afilados e electores.


Aínda que fracase o partido, os que están á cabeza do mesmo siempre conservan o seu estatus.


Non se pode gañar eleccións sen traballar con diálogo entre as xeneracións que nos momentos difíciles loitaron para facer partido sen nada a cambio. Non se poden gañar eleccións con tanto cambio de líderes. Van 11 secretarios xerais do PSdeG: Modesto Seara, Rodríguez Pardo, Paco Vázquez, Antonio Rodríguez, Antolín Sánchez, Paco Vázquez, Emilio P. Touriño, Pachi Vázquez, Gómez Besteiro, Gonzalo Caballero, Valentín Formoso; aos que hai que engadir trescomisións xestoras en distintas datas pola inestable situación, presididas por Pilar Cancela, José A. Quiroga e Lage Tuñas.


Mentres o PP tivo catro xefes; Albor, Fraga, Feijóo e Rueda. O BNG tres; Beiras, Quintana e Pontón.


Candidatos á presidencia do goberno da Xunta polo PSdeG, 9; Paco Vázquez, González Laxe, Sánchez Presedo, Abel Caballero, Pérez Touriño (3 veces candidato por eso chegou a Presidente), Pachi Vázquez, Xaquín Leiceaga, Gonzalo Caballero e Gómez Besteiro. Mentres o PP catro; Albor, Fraga, Feijóo e Rueda. BNG tres; Beiras, Quintana, e Pontón. Non é de estrañar o rexeite do electorado o PSdeG. Tanto o PP como o BNG gañaron votos por transmitir estabilidade e unión.


O BNG perdeu votos cando se dividiron en Anova, AGE, Mareas, e volveron a recuperar con Ana Pontón unindo o partido e premiada con 25 parlamentarios . Agora os cabezas pensantes do PSdeG volven a cometer os mesmos erros que na época de Laxe que foi desprazado a pesar de ser máis votado que nunca (28 diputados), pero alguén con poder fíxolle o vacío para ser candidato a presidente da Xunta para sacar menos diputados (19). Nunca os responsables do partido quixeron facer un análise serio das razons de por que non repetiron presidencia Laxe e Touriño. Non estraña que Fraga, vendo a desfeita política dos partidos, preparara o camiño para ser candidato á presidencia da Xunta, tal como eu anunciei nun debate do Congreso do PSdeG, en Ourense en 1985, catro anos antes, basándome na idea da imposibilidade que Fraga tiña de chegar a ser presidente do goberno de España nas eleccións xerais como así foi.


Fraga xa dera indicios nas autonómicas de Albor en 1981 de AP, nas que o cartel coa foto máis grande era a de Fraga e no  no pe decía: “Galego coma ti”;  frase que pronunciara eu nun debate cun militante do PSG que me chamou españoleiro por ser do PSOE, o que respostei: “Eu son Galego coma ti, demóstrame o contrario”. Dita frase gustoulle a unha axencia de publicidade en Vigo que fixo os carteis da campana de AP. Logo chegou Fraga e gañou varias eleccións dado que os de Touriño coaligado co BNG non foron capaces de volver a gañar as autonómicas por liortas entre eles, o cal aproveitou o PP propagando as debilidades do goberno bipartito, dicindo que había dous gobernos na Xunta, máis a compra de coches e muebles de oficina da presidencia.


Agora nas últimas eleccións autonómicas repiten o mesmo. Expulsaron a Gonzalo Caballero de Secretario Xeral e de portavoz no parlamento por fracaso electoral (sacou 14 diputados) e agora baixaron a 9, perdendo 5 e pretenden seguir como si nada pasara. Por este camiño o futuro do PSdeG vai á irrelevancia . Quero destacar que o goberno tripartito de Laxe, e o bipartito de Touriño, fixeron unha boa xestión, pero se o PSdeG segue coa mesma dinámica, os votos irán a outros partidos.

Por que o PSdeG perde as autonómicas?

Te puede interesar