Republicanismo a tempo parcial

onte conmemoramos o 91 aniversario da II República, un día de celebración para todos os que nos consideramos republicanos. Ser republicano ten pouco que ver con ser de esquerdas ou de dereitas, ser republicano hoxe ten que ver coa necesidade de reivindicar de que o xefe do Estado sexa elixido democráticamente e non por dereitos de sangue.

Por iso o 14 de abril debe pasar de ser unha data conmemorativa a ser unha data reivindicativa. Reivindicativa do dereito a promover un referendum no conxunto do Estado que decida sobre se debemos cambiar a natureza da xefatura do Estado.

Unha sociedade democrática non pode vivir co pecado orixinal da imposibilidade de elección do seu máximo representante, e menos aínda cos privilexios que o acompañan no caso españole, entre eles a súa inviolavilidade. Mentres non podemos decidir estamos convivindo cun rei emérito fuxido, convivimos cunha casa real vinculada a numerosos casos de corrupción, soportamos un branqueamento de todo o que ten a ver co alzamento franquista que acabou coa segunda república, e padecemos un pensamento “mediático” que xira cara a aceptación incondicional e acrítica, cando non directamente cómplice, do actual modelo de Estado.

A esta revisión convertida en involución da nosa historia tamén axudan aqueles, que como o PSdG, realizan actos en conmemoración da II República e, ao mesmo tempo e sen rubor que decláranse monárquicos e impiden (como en Vilagarcía) que se retiren as rúas dedicadas ao emérito fuxido.

Por iso hoxe mais que nunca compre defender o básico, actuar contra a propagación das ideas de ultradereita e o involucionaismo histórico dos grandes medios de comunicación. Hoxe ser republicano non significa querer vengar os crimes do alzamento fascista, non significa querer instalar o comunismo obligatorio, significa simplemente defender que calquera decisión que teña que ver coas nosas vidas e o noso futuro, sexa lexitimada e refrendada pola cidadanía e non por unha institución antidemocrática que foi elexida por un dictador. Ser republicano hoxe é defender os valores básicos da democracia e a igualdade.


Republicanismo a tempo parcial

Te puede interesar