Segue a loita por un mundo en igualdade real

este Día Internacional da Muller, celebramos os avances logrados na loita pola igualdade de xénero, pero tamén recoñecemos que a desigualdade segue sendo una realidade innegable na nosa sociedade. A pesar dos progresos, as mulleres continúan sendo vítimas do machismo e o  patriarcado, enfrentando obstáculos en todos los ámbitos da vida.  


Nas institucións e no ámbito laboral, as mulleres moitas veces son marxinadas e subvaloradas solo polo feito de ser muller. A menudo se lles nega a oportunidade de ascender nas  súas carreiras debido ao “teito Nde cristal”, unha barreira invisible que limita o seu progreso e desarrollo profesional. Ademais, as nais traballadoras, especialmente aquelas que son xefas de familia monoparental, as calqueras moitas delas son vítimas de violencia (aínda que non haxa unha sentenza que o ratifique ou porque á violencia psicolóxica que viven non se lle dá a real importancia que ten nin se condena desde as institucións, enfrontan unha carga desproporcionada e a falta de apoio para conciliar a súa vida laboral e familiar.  


A brecha salarial é outra manifestación clara da desigualdade de xénero en España. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, as mulleres gañan un 22% menos que os homes en media, e esta brecha amplíase aínda máis para as mulleres racializadas e con discapacidades. Este inxusto tratamento non só é unha afronta á dignidade das mulleres, senón que tamén perpetúa un ciclo de desigualdade e discriminación.  


Tamén queremos recordar que a denominación de vítima de violencia de xénero e as secuelas do maltrato vivido non se terminan aos 2 anos os cales a lei dispón como prazo para considerala con dereitos como asistencia xurídica gratuíta, psicolóxica, etc., xa que a muller maltratada vive durante anos ou toda a súa vida loitando para superar as consecuencias do maltrato e intentando rehacerse a si mesma.  


É imperativo e urxente que tomemos medidas concretas para abordar estas inxustizas. Esiximos políticas e leis que promovan a igualdade de xénero real e aplicada en todos os niveis da sociedade. Instamos ás empresas a adoptar prácticas equitativas de contratación e remuneración, e a proporcionar medidas de conciliación laboral e familiar efectivas. Tamén demandamos unha maior sensibilización e educación sobre o machismo e o patriarcado sobre todo para as novas xeracións, para erradicar estas formas de discriminación desde as súas raíces. Hoxe, no Día Internacional da Muller desde a Asociación Esmar Non a Violencia, nos comprometemos a seguir loitando por unha sociedade onde todas as persoas, independentemente do seu xénero, teñan as mesmas oportunidades e dereitos. É hora de romper o teito de cristal, pechar a brecha salarial e construír un mundo onde a igualdade sexa unha realidade aplicada para todas e todos.  

 

Segue a loita por un mundo en igualdade real

Te puede interesar